- Alfonso Villares en San Cibrao
O conselleiro do Mar asistiu ao xantar da III Festa das Xeracións na carpa da Praza dos Campos.
- Centos de persoas se achegaron este venres ata Rinlo a gozar da II Mexillonada organizada pola asociación O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo
En total puxeron á venda 300 kgs de mexillóns na carpa instalada para a celebración deste evento gastronómico, que tivo por obxectivo poñer en valor un produto do mar como é o mexillón. A xornada contou con amenización musical. Ata Rinlo se achegaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Turismo, Cultura e Benestar Social, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares.
- O vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, felicitou as xogadoras de Burela FS e Castro pola final da Copa Galicia de Fútbol Sala Feminino que se xogou este xoves no Pavillón dos Deportes de Lugo, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputacion
Tras o partido que se decidiu na tanda de penaltis a favor do equipo da Mariña, o responsable provincial valorou "o encontro como unha mostra do gran nivel do fútbol sala feminino na provincia con dous equipos que ofreceron unha gran espectáculo deportivo" e destacou "o bo ambiente no pavillón coas afeccións apoiando en todo momento ás súas xogadoras".
- Abriu recentemente en Ribadeo, nas galerías comerciais que comunican as rúas San Francisco e Reinante, unha zapatería de calzado respectuoso infantil, aínda que tamén ofrece algo para adultos
Chámase Jilgueritos e xa se integrou na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo.
- O persoal facultativo do Hospital Público da Mariña concentrouse de novo este mércores
Denuncian que "moitas das consultas atópanse reducidas e incluso pechadas polo que o número de doentes en lista de agarda non fai máis que medrar xerando un abandono absoluto no seguimento dos mesmos que se deberan facer de xeito ambulante rematan xerando ingresos pola falta de citas regradas nas consultas externas".
- Amadores da Música, que preside Elisa Álvarez Amor, celebrará asemblea xeral ordinaria de soci@s o día 26 deste mes, sábado, no salón de actos da Casa do Mar, de Ribadeo
Está fixada para as 20:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda. A orde do día inclúe estes asuntos a tratar: lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior; estado de contas da asociación; informe de actividades desenvolvidas; informe do director da Banda; e preguntas e suxestións.
- O Concello de Cervo puxo en marcha unha nova edición de Cervo Concilia nesta Semana Santa, para axudar ás familias nestes días de ocio para as crianzas
Uns corenta nenos/as participan nas actividades que se desenvolven ata o 21 de abril, en horario de 8:30 a 14:30 horas. Desfrutaron de diferentes inchables, portería de puntuación, xogos interactivos, pista de futbolín...(na carpa instalada na Praza dos Campos) e están a realizar manualidades e diferentes actividades didácticas nas aulas habilitadas na Casa do Mar.