- A Garda civil imputa en Ribadeo en calidade de investigada a unha veciña de Monterroso, de 35 anos de idade, como suposta autora dun delito de furto
A presunta autora subtraiu do interior dun establecemento comercial diversos obxectos valorados en 200 euros, os cales foron recuperados polos axentes e entregados á encargada do local en calidade de depósito. As dilixencias policiais foron remitidas á Autoridade Xudicial.
- Adiada a xornada de iniciación á calistenia en Cariño polas condicións climatolóxicas adversas
A actividade ía desenvolver este mércores 16 de abril ao aire libre.
- O persoal facultativo do Hospital Público da Mariña concentrouse de novo este mércores
Denuncian que "moitas das consultas atópanse reducidas e incluso pechadas polo que o número de doentes en lista de agarda non fai máis que medrar xerando un abandono absoluto no seguimento dos mesmos que se deberan facer de xeito ambulante rematan xerando ingresos pola falta de citas regradas nas consultas externas".
- O Concello de Cervo puxo en marcha unha nova edición de Cervo Concilia nesta Semana Santa, para axudar ás familias nestes días de ocio para as crianzas
Uns corenta nenos/as participan nas actividades que se desenvolven ata o 21 de abril, en horario de 8:30 a 14:30 horas. Desfrutaron de diferentes inchables, portería de puntuación, xogos interactivos, pista de futbolín...(na carpa instalada na Praza dos Campos) e están a realizar manualidades e diferentes actividades didácticas nas aulas habilitadas na Casa do Mar.
- Cariño prepárase para a celebración dunha gran xornada festiva con fins solidarios este sábado, 19 de abril
A Asociación Española Contra o Cancro celebrará unha comida solidaria na Praza Vermella. O mesmo día, o alumnado do IES Cabo Ortegal organiza varias actividades coas que buscan recadar fondos para a súa excursión.
- Gran ambiente na II Ruta Cabalar celebrada este domingo, organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello de Cervo
A saída foi ás 10:00 horas do pavillón de San Román; con aperitivo para os participantes á metade da ruta duns 15 quilómetros aproximadamente, e sesión vermú e baile no polideportivo da man de Disco Móbil Conxuro; e xantar a base de paella, costela asada, sobremesa, bebida e chupito.
- O próximo 26 de abril ás 20:00, o Centro Cultural Santa Emilia, de Mondoñedo, acolle o recital “Tres Haydn Intemporales”
Será a cargo do pianista Juan Rezzuto, referente internacional da interpretación clásica. Un programa de alto nivel, nun marco que equilibra tradición, estética e carácter galego. Venda de entradas: https://santaemilia.es/producto/noche-de-cultura-en-santa-emilia/