Nota de pensa
PRETO DUNHA TREINTENA DE BARES E RESTAURANTES DE FOZ PARTICIPARÁN DO 4 AO 6 DE DECEMBRO NA FESTA DEGUSTACIÓN DA GASTRONOMÍA DA MARIÑA QUE ORGANIZA ACIA.
Foz, 30 de novembro de 2010. Preto dunha treintena de bares e restaurantes de Foz participarán do 4 ao 6 de decembro na festa degustación da gastronomía da Mariña que organiza ACIA.
O obxectivo desta nova cita “é ofrecer unha alternativa aos que durante a vindeira ponte festiva se achegarán a Foz”, segundo explica o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos.
José Carlos Paleo sinala que “os que acudan aos locais participantes poderán degustar o peixe e o marisco que se captura e se extrae na zona, as fabas que se producen por aquí, as castañas, empanadas elaboradas con diversos productos ou exquisitos postres. Todo coa intención de que visitantes e veciños disfruten desta nova proposta que preparamos desde ACIA Foz e que saboreen pinchos, tapas ou racións elaboradas cos productos do noso mar e da nosa terra”.
Os participantes son: A Maseira, A Quinta, Acuario, O Amanecer, O Taco, Ambigú, Dallas, Dandy, Happy Days, Xoyma, Anduriña, Costumes do Mar, Cervecería Fina, O Fogar do Pelolo, Portovello, El rincón de Anita, Express-Café, O Norte, O Tangarte, A Ribeira, pizzería A Soalta, pizzería Xoiña, As Brasas, O Lar, O Mar e vinoteca A Terriña.
Paleo lembra que “todos os meses desde ACIA Foz tentamos levar adiante algunha iniciativa para dinamizar tanto o comercio como a hostalería. Agardamos que esta primeira festa degustación da gastronomía mariñana resulte positiva para todos e convidamos á xente a vir á nosa vila durante a ponte e a disfrutar das nosas propostas”.