Site icon Crónica3.com A Mariña

Representantes dos concellos de Burela e do francés Concarneau analizan un posible irmanamento

Nota de prensa

O CONCELLO ANALIZARÁ  ESTA TARDE O POSIBLE IRMANAMENTO CON CONCARNEAU. A EXPEDICIÓN FRANCESA QUE HOXE CHEGA Á VILA PASARÁ  DOUS DÍAS COÑECENDO OS OFICIOS E AS TRADICIÓNS DE BURELA.

Burela, 11 de novembro de 2010. Hoxe ás 20:30 horas terá lugar no salón de plenos do Concello unha xuntanza coa expedición chegada desde Concarneau para analizar o posible irmanamento entre as dúas vilas pesqueiras.

O alcalde, Alfredo Llano, sinala que “acudirán a Burela un representante dese concello da Bretaña francesa, xunto a Philippe Le Goff e unha profesora de español que imparte clases nun dos institutos desa localidade. O que imos facer é recibilos no Concello, xa convoquei a asociacións e outros colectivos para analizar a conveniencia ou non de facer este irmanamento con Corcaneau”.

A expedición chegada desde Francia pasará dous días en Burela, “queremos enseñarles a nosa vila e as cousas que poden ter similitudes nos dous concellos como a pesca do bonito ou actividades culturais e musicais, veremos os lazos comúns ou as cousas que sería interesante compartir entre ambos. E despois xa decidiremos si se fará ou non o irmanamento con esa poboación”.

Exit mobile version