Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha expedición de Concarneau na Bretaña frncesa virá a coñecer Burela para un posible irmandamento

Nota de prensa:
UNHA COMITIVA DE DA LOCALIDADE FRANCESA DE CONCARNEAU CHEGARÁ O XOVES A BURELA PARA ANALIZAR O POSIBLE IRMANAMENTO DAS DÚAS VILAS MARIÑEIRAS.

Burela, 8 de novembro de 2010. O alcalde, Alfredo Llano, anuncia que unha expedición de Concarneau chegará o vindeiro xoves a Burela. Acudirán representantes do concello desa localidade da Bretaña francesa, acompañados por unha profesora de francés e por Philippe Le Goff. Serán recibidos no Concello de Burela e despois terá lugar unha xuntanza para falar do posible irmanamento das dúas vilas mariñeiras.

Burela co seu comercio

O rexedor tamén aproveitou para lembrar que “hoxe ás 20:30 horas no salón de conferencias teremos unha charla informativa á que acudirán representantes da Fundación Crea e da Deputación de Lugo para falarlles aos interesados do plan de mellora do pequeno comercio que se denomina Burela co seu comercio. Será un curso de 250 horas perfectamente deseñado para que sexa efectivo e rentable para todas as empresas. Vanse abordar aspectos como a análise da oportunidade de negocio, negociación con proveedores e institucións financieiras, arquitectura da tenda, atención, política de prezos… pode ser moi interesante para o pequeno e mediano comercio”.

Llano convida a todo o mundo a participar, “estaremos para atender todas as inquietudes e demandas das empresas. Están convidados a Cámara de Comercio e a CEL e entre todos poderemos chegar a unha solución ventaxosa para o pequeno comercio en Burela”.

Exit mobile version