Site icon Crónica3.com A Mariña

Remta unha nova edición do proxecto Encontros, divulgador de traballos e oficios en Xove

NOTA DE PRENSA

CLAUSURA EN XOVE DO PROXECTO ENCONTROS

Mañá mércores 24 de novembro, a partires das 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, vai ter lugar a Clausura do PROXECTO ENCONTROS presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro.

Este proxecto pretendeu crear espazos nos que os rapaces/as coñeceran de primeira man os traballos e oficios do noso Concello, dende empresas a traballos relacionados co agro, o mar e a casa, explicados polos propios veciños, e fomentar a igualdade de xénero.

O proxecto “Encontros” ten como obxectivos xenéricos a igualdade entre homes e mulleres, a corresponsabilidade nas tarefas domésticas e rurais e a educación en valores de respecto.

O Proxecto vense celebrando no noso Concello dende hai dous anos. Facendo unha relación temporal máis cercana e referíndonos exclusivamente a este ano 2010, algunhas das actividades realizadas foron:

-Tarefas do rural: O día 10 de febreiro de 2010, de 16:30 a 18:30 hs tivo lugar nunha vivenda rural da parroquia de Moras unha actividade do Programa Encontros. Nesta ocasión os asistentes, alumnos e alumnas do IES Illa de Sarón, da Escola de Maiores de Xove e persoas cooperantes da organización (un total de 21 participantes), aprenderon a elaborar cestos caseiros con vimbios, facer lume, refregar millo, inxertar flores e árbores, deitar galiñas, etc.

-Normas de boa educación, civismo e urbanidade: desenvolveuse o 28 de abril, dende ás 16:30 ás 18:30 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, contando coa asistencia de 9 rapaces/as do IES Illa de Sarón e 3 persoas maiores, xunto con persoal técnico do Concello e a Concelleira Ana Abad.

-Pesca de Baixura: A última actividade desenvolvida dentro deste Programa tivo lugar o 16 de xuño no Portiño de Portocelo, e estivo adicada á “Pesca de Baixura”, tanto a pé como en lancha, oficio este, dos de máis tradición nun Concello tan costeiro coma o noso. Na actividade participaron 19 alumnos/as do IES “Illa de Sarón”e 15 adultos da Escola de Maiores. A xornada rematou cun paseo en lancha.

Exit mobile version