Como ensinante ó longo de tantos anos realizou un labor transcendente: basta só saber a cantidade de discípulos seus que se espallan por toda a bisbarra e fóra dela, moitos deles nomes destacados no mundo da arte, que gardan para o mestre a mellor lembranza de gratitude, afecto e respecto, como a cotío podemos testemuñar os que mantemos con él unha relación próxima e entrañable.
Traballador, altruista, xeneroso para colaborar en toda iniciativa social e cultural, as súas obras prodíganse ó longo da xeografía galega, e mais alá, e o seu nome vai sempre vencellado ó da cidade que ahora o vai adoptar oficialmente como fillo. A tal punto é así que mais dunha persoa, pouco impostas en tal circunstancia, e ante a noticia da próxima adopción, nos preguntaron; pero Puchades ¿non é de Mondoñedo? A “vox pópuli” xa o da por mindoniense, tal é o grao de identificación da súa persoa coa fauna humana da nosa comarcal “cidade da cultura”.Este cronista, a quen o une unha fonda e vella amizade, celebra con ledicia o distingo, que o fai un pouco mais noso. Parabéns.
Suso Fernández