Site icon Crónica3.com A Mariña

Poucos cambios no campeonato de bolos de Morás na liga de Xove

NOTA DE PRENSA.

XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 –  IIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2010/2011)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

Autoescuela Mundial Xove

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE MORÁS    ( 27-11-2010  ) 43 INSCRITOS:  26   NA LIGA SENIOR,   8   NA LIGA SUB 18  E     9  NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO JOSÉ  MANUEL COCIÑA RIVERA 158 12
SEGUNDO LUIS RANCAÑO BOUSO 145 10
TERCEIRO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 144 8
CUARTO JOSÉ  ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO 134 7
QUINTO JOSE VIGO LAGE 129 6
SEXTO FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO 125 5
SÉTIMO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 125 4
OITAVO JOSÉ  BAÑO FERNÁNDEZ 125 3
NOVENO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 112 2
DÉCIMO FRANCISCO PÉREZ FERNÁNDEZ 111 1
MELLOR BOLADA JOSÉ  MANUEL COCIÑA RIVERA 66 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO AITOR BOUSO GAVÍN 93 6
SEGUNDO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 74 4
TERCEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 45 3
CUARTO SAMUEL REY  ÁLVAREZ 44 2
QUINTO LARA DOMÍNGUEZ BAÑO 42 1
MELLOR BOLADA AITOR BOUSO GAVÍN 49 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 81 6
SEGUNDO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 76 4
TERCEIRO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 74 3
CUARTO BELÉN MEITÍN ROUCO 52 2
QUINTO DOLORES BAÑO FRAGA 52 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 37 1

INCIDENCIAS DA   8ª  TIRADA

(CENTRO SOCIAL DE MORÁS – Sábado, 27 NOVEMBRO 2010)

-Tarde chuviosa, que practicamente non deu respiro aos xogadores.

-43 inscritos,    26 na Liga Senior,    8 na Sub 18 e 9 na Liga Feminina.

Liga Senior.-  Poucos cambios nesta categoría, agás o ascenso de Luis Rancaño á terceira posición da táboa en detrimento de José Rafael. O máis salientable desta tirada, agás Luis Rancaño, foi o froxo papel desempeñado polos primeiros da clasificación, onde o actual líder Arturo Vigo non logrou puntuar, e así e todo sigue encabezando. Decir  que esta Liga está moi aberta, con cinco xogadores nun pano, xa que de Arturo Vigo (1º) a Moisés Rodríguez (5º) só hai 5 puntos de diferencia. Polo tanto, a falla dunha tirada para completar a primeira volta,  a Liga está ao roxo vivo, sin ningún xogador que destaque especialmente. Detrais dese quinteto de cabeza, temos varios xogadores (Francisco Pérez e César Cancelos básicamente) que están loitando por non desengancharse da cabeza.

A victoria nesta tirada para José Manuel Cociña, quen ata o momento estaba a completar unha horrible temporada, xa que é un xogador que normalmente, e dende hai moitos anos, sóle acabar entre os 10 primeiros. Esta victoria permítelle pasar da 19ª posición á 11ª, máis acorde coas súas posibilidades.

Liga Sub 18.- Os xogadores/as desta Liga prácticamente repetiron nesta tirada as posicións da táboa xeral, polo que non hai variacións na mesma; o trunfo de Aitor  Bouso permítelle sacar unha pequena vantaxe (4 puntos) á segunda clasificada que non é outra que Salomé Cardoso. Aitor, Salomé e Daniel siguen mantendo un ritmo regular, e xa teñen unha notable diferencia respecto ao 4º e 5º clasificados, respectivamente Samuel Rey con 13 e Laura Iglesia con 11, os cales nas vindeiras tiradas terán que afinar moito se non queren quedar descolgados.

Liga Feminina.- Ningún cambio na clasificación nesta Liga, pero si temos que sinalar que a Lideresa (Dolores Baño) perdeo cáseque toda a vantaxe que tiña respecto das súas perseguidoras, despois de dúas malas tiradas nas que só consigueu un punto, dahí que como non espabile, pode perder moi fácilmente o liderato. A posuidora actual do título Carmen Roca, con 28 puntos, ven apretando moi forte, con 10 puntos obtidos nas dúas últimas tiradas. Terceira Belén Meitín con 22 puntos, xogadora que comezou este ano na práctica dos bolos e que está a ser unha agradable sorpresa. Moi cerca temos tamén a Concepción  Piñeior con 20 puntos e a Sub 18 Salomé Cardoso con 16. Recordamos que as xogadoras Sub 18 teñen dereiro a participar nas dúas ligas, na Liga Sub 18 e na Liga Feminina.

A Vindeira tirada, e última da Primeira Volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE SUMOAS O VINDEIRO SÁBADO, 4 DE DECEMBRO DE 2010.

Exit mobile version