NOTA DE PRENSA.
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Autoescuela Mundial Xove
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MORÁS ( 27-11-2010 ) 43 INSCRITOS: 26 NA LIGA SENIOR, 8 NA LIGA SUB 18 E 9 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 158 | 12 |
SEGUNDO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 145 | 10 |
TERCEIRO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 144 | 8 |
CUARTO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 134 | 7 |
QUINTO | JOSE VIGO LAGE | 129 | 6 |
SEXTO | FELIPE MANUEL RIVEIRO CARBALLO | 125 | 5 |
SÉTIMO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 125 | 4 |
OITAVO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | 125 | 3 |
NOVENO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 112 | 2 |
DÉCIMO | FRANCISCO PÉREZ FERNÁNDEZ | 111 | 1 |
MELLOR BOLADA | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 66 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | AITOR BOUSO GAVÍN | 93 | 6 |
SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 74 | 4 |
TERCEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 45 | 3 |
CUARTO | SAMUEL REY ÁLVAREZ | 44 | 2 |
QUINTO | LARA DOMÍNGUEZ BAÑO | 42 | 1 |
MELLOR BOLADA | AITOR BOUSO GAVÍN | 49 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 81 | 6 |
SEGUNDO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 76 | 4 |
TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 74 | 3 |
CUARTO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 52 | 2 |
QUINTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 52 | 1 |
MELLOR BOLADA | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 37 | 1 |
INCIDENCIAS DA 8ª TIRADA
(CENTRO SOCIAL DE MORÁS – Sábado, 27 NOVEMBRO 2010)
-Tarde chuviosa, que practicamente non deu respiro aos xogadores.
-43 inscritos, 26 na Liga Senior, 8 na Sub 18 e 9 na Liga Feminina.
Liga Senior.- Poucos cambios nesta categoría, agás o ascenso de Luis Rancaño á terceira posición da táboa en detrimento de José Rafael. O máis salientable desta tirada, agás Luis Rancaño, foi o froxo papel desempeñado polos primeiros da clasificación, onde o actual líder Arturo Vigo non logrou puntuar, e así e todo sigue encabezando. Decir que esta Liga está moi aberta, con cinco xogadores nun pano, xa que de Arturo Vigo (1º) a Moisés Rodríguez (5º) só hai 5 puntos de diferencia. Polo tanto, a falla dunha tirada para completar a primeira volta, a Liga está ao roxo vivo, sin ningún xogador que destaque especialmente. Detrais dese quinteto de cabeza, temos varios xogadores (Francisco Pérez e César Cancelos básicamente) que están loitando por non desengancharse da cabeza.
A victoria nesta tirada para José Manuel Cociña, quen ata o momento estaba a completar unha horrible temporada, xa que é un xogador que normalmente, e dende hai moitos anos, sóle acabar entre os 10 primeiros. Esta victoria permítelle pasar da 19ª posición á 11ª, máis acorde coas súas posibilidades.
Liga Sub 18.- Os xogadores/as desta Liga prácticamente repetiron nesta tirada as posicións da táboa xeral, polo que non hai variacións na mesma; o trunfo de Aitor Bouso permítelle sacar unha pequena vantaxe (4 puntos) á segunda clasificada que non é outra que Salomé Cardoso. Aitor, Salomé e Daniel siguen mantendo un ritmo regular, e xa teñen unha notable diferencia respecto ao 4º e 5º clasificados, respectivamente Samuel Rey con 13 e Laura Iglesia con 11, os cales nas vindeiras tiradas terán que afinar moito se non queren quedar descolgados.
Liga Feminina.- Ningún cambio na clasificación nesta Liga, pero si temos que sinalar que a Lideresa (Dolores Baño) perdeo cáseque toda a vantaxe que tiña respecto das súas perseguidoras, despois de dúas malas tiradas nas que só consigueu un punto, dahí que como non espabile, pode perder moi fácilmente o liderato. A posuidora actual do título Carmen Roca, con 28 puntos, ven apretando moi forte, con 10 puntos obtidos nas dúas últimas tiradas. Terceira Belén Meitín con 22 puntos, xogadora que comezou este ano na práctica dos bolos e que está a ser unha agradable sorpresa. Moi cerca temos tamén a Concepción Piñeior con 20 puntos e a Sub 18 Salomé Cardoso con 16. Recordamos que as xogadoras Sub 18 teñen dereiro a participar nas dúas ligas, na Liga Sub 18 e na Liga Feminina.
A Vindeira tirada, e última da Primeira Volta, vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE SUMOAS O VINDEIRO SÁBADO, 4 DE DECEMBRO DE 2010.