Site icon Crónica3.com A Mariña

Pais de alumnos do Punto de Atención á Infancia de Cervo piden que se traslade á Casa do Mar de San Cibrao

18 pais de nenos que utilizan o Punto de Atención á Infancia do Concello de Cervo enviaron un escrito á Tesouraría Xeral da Seguridade Social para solicitar que ceda o uso do edificio da casa do mar de San Cibrao para situar alí o PAI.
O motivo é que as instalacións actuais quedan pequenas, como explicou hoxe, luns, a portavoz dos pais, Soledad Alonso, en declaracións á emisora de radio Onda Cero A Mariña (102.3 FM).
O Concello de Cervo xa solicitou en varias ocasións a cesión dos locais da Casa do Mar de San Cibrao que non están a ser utilizados, para destinalos a diversos servizos e actividades municipais.

Exit mobile version