NOTA DE PRENSA
O OBRADOIRO ‘ÓSCAR JOYEROS’, DOS ARTESÁNS LUCENSES ÓSCAR RODRÍGUEZ E CRISTINA RODRÍGUEZ RECIBE O SEGUNDO PREMIO NACIONAL DE ARTESANÍA
Os dous creadores viveirenses -pai e filla-, que estiveron acompañados pola delegada territorial, Raquel Arias, foron recoñecidos pola colección ‘Tesouros do mar’, promovida pola Dirección Xeral de Comercio, a través da Fundación Centro Galego de Artesanía
Raquel Arias felicitou aos galardoados, que segundo indicou “amosan coa súa traxectoria e coas súas creacións que a artesanía e o deseño poden ter un frutífero recorrido empresarial”
Arias felicitou a Óscar e a Cristina Rodríguez polo éxito acadado no certame nacional e subliñou “a importancia deste premio, que celebra o talento dos artesáns viveirenses e acredita a boa liña de traballo que seguen a Dirección Xeral de Comercio, que promove esta exposición a través da Fundación Centro Galego de Artesanía”.
A representante do Executivo galego na provincia destacou que o éxito acadado supón “un recoñecemento ao talento destes dous artesáns, que serven de espello para moitos outros deseñadores. Eles amosan coa súa traxectoria e coas súas creación que a artesanía e o deseño poden ter un frutífero recorrido empresarial”.
Así mesmo, Arias agregou que “este galardón serve tamén para prestixiar á creatividade que encerra en xeral este sector da artesanía en Galicia”. De feito, tres das cinco obras escollidas polo xurado dos V Premios Nacionales de Artesanía na categoría Produto foron de artesáns galegos que foron propostos pola Fundación Centro da Artesanía e do Deseño. Os outros dous creadores galegos elixidos foron Viviana Araújo, de Pontevedra; e Rosa Méndez, de Teo, todos eles, ao igual que os creadores viveirenses, en posesión da carta de artesán outorgada pola Dirección Xeral de Comercio e donos de obradoiros artesáns inscritos dentro do Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia.
A delegada territorial estivo presente no acto de entrega de premios, ao igual que a directora xeral de Comercio, María Nava Castro, e a directora da Fundación Centro Galego de Artesanía, Elena Fabeiro. Precisamente Nava Castro significou que “en Galicia sempre tivemos artesáns de moito talento –afirmou-. O papel da Xunta consiste en apoiar ese talento, e así o está a facer a través da Consellería de Economía e Industria e, en concreto, da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, que impulsa diferentes liñas de actuación para o desenvolvemento e a promoción do sector artesán galego”. Premio Nacionale de Artesanía coa colección ‘Tesouros do mar’