Site icon Crónica3.com A Mariña

Os planes de ordenación municipal deberán incluír as directrices do POL e aplicalas para ben ou para mal, explícanlle dende BNG ao PP

Nota de prensa

BALSEIRO FALA DO POL DE OÍDAS E DEMOSTRA A SÚA ABSOLUTA FALTA DE COÑECEMENTO DO DOCUMENTO

Os planes de ordenación municipal deberán incluír as directrices deste documento marco e aplicalas para ben ou para mal como corresponda

Estúa dícelle a Balseiro que aprenda a ler e a interpretar para despois poder opinar do que non sabe

A Mariña, 15 de novembro de 2010. O BNG acusou a Balseiro de falar do POL de oídas, primeiro decía que o POL non prohibía, cando os propios promotores lle dixeron o contrario calou a boca durante meses e agora alguén lle dixo que mirara un artigo do documento, agárrase a el pero sen entendelo. Os nacionalistas insisten en que POL e un documento marco que unha vez aprobado fixa directrices que os planes xerais de ordenación municipal deberán  incorporar, e aquelas construcions que entren en contradición con el quedarán fora de ordenación diga o que diga Balseiro. Os nacionalistas poñen como exemplo o concello de Foz onde agás o núcleo urbano de Foz, todos os demais da rasa costeira quedarán fora de ordenación en aplicación das directrices fixadas polo POL para este concello.

Balseiro non sabe ler o POL nin interpreta o que le e dedícase a falar de oidas.

“Balseiro nin sabe ler nin interpretar o que le e sobre esta base e imposíbel opinar ou facer xuízos correctos sobre un documento como POL no que ademais a Xunta tratou de dificultar ao máximo a súa interpretación”, desta maneira valorou Xoán Estúa, Vice-Portavoz Comarcal do BNG da Mariña as declaracións do deputado mariñao do PP en relación ao POL. O nacionalista ademais acusa a Balseiro de poñer en boca do BNG afirmacións que nunca se fixeron, “o BNG nunca falou de expropiacións nin ordes de derrubo”. Veiga reta a Balseiro a que diga un so concello da Mariña onde o planeamento actual municipal recolla os mesmos solos culalificados na actualidade como edificabeis que despois da aplicación do POL´

O planeamento municipal deberá recoller e executar as ditrectrices fixadas no POL para ben e para mal.

Para Estúa aínda con estes cambios non deixa de sorprender que baixo premisas falsas siga habendo erros de bulto, Veiga pon como exemplo o concello de Foz, onde non está recoñecido ningún núcleo rural e tomando como base esta situación, todos os nucleos poboacionais da costa de Foz que están incluídos no POL na zona de Mellora Ambiental e Paisaxística, terán moitas dificultades para o seu desenvolvemento. Os nacionalistas insisten en que todos os planeamentos de ordenación municipal deberán adaptarse ao POL que e unha norma de rango superior e por tanto aqueles desenvolvementos urbanísticos contraditorios coas directrices fixada polo POL deberán recollerse nos PXOMs para determinar o seu uso que nuns casos serán compatibeis e noutros non.

Moitas vivendas fora de ordenación en toda a rasa costeira da Mariña

Os nacionalistas insisten en que son múltiples os casos de vivendas nas que os planeamentos municipais en aplicación das direcrices fixadas polo POL quedarán fora de ordenación, así poñen o exemplo dos concellos de Foz, Barreiros, Ribadeo ou Viveiro; onde existe grandes bolsas de solo xa construído que entra en clara contradición co POL e nin está cualificado como núcleo urbano nin rural. Veiga pídelle a Balseiro que aprenda e suxírelle que para facelo fale cos seus compañeiros de partido de Foz, Ribadeo do Grupo Municipal de  Viveiro, agás que neste caso non os considere compañeiros xa que están a dicir o contrario do que el manten.

Exit mobile version