Site icon Crónica3.com A Mariña

Os cadetes do Burela FS inauguran a tempada o sábado 6 de novembro ante Os Meigallos FS

Nota de prensa

OS MEIGALLOS FS, PRIMEIRO RIVAL DOS CADETES LARANXAS (SÁBADO 6)

O conxunto cadete do CD Burela FS inaugurará a tempada de Autonómica o vindeiro sábado, 6 de novembro. Os Meigallos FS visitará Vista Alegre nesta primeira xornada, ás 16.00 horas.

Outros nove equipos completarán a categoría xunto a burelistas e sarriaos: os coruñeses O Parrulo Ferrol FS e Cidade de Narón; os lugueses CP Casás e Azkar Lugo FS; os ourensáns EDC Celanova e Barval FS EDM Barco; e mais os pontevedreses IES Coruxo-Concello de Vigo, ED Vigo 2015 e AD FS Bueu. A competición prolongarase ata o 7 de maio de 2011, cun total de 22 xornadas.

Julio Delgado estará á fronte da escuadra conformada por Miguel Rivas, Anes Monteiro, Adrián García, Marcos Iglesias, Daniel García, Miguel Márquez, Christian Mendes, Isaac Losada, Daniel Álvarez, Diego Eiroá, Xacobo Pena e Benxamín Pena.

Exit mobile version