Site icon Crónica3.com A Mariña

Sortean as vivendas de protexidas que a Xunta construiu en Ribadeo nun solar cedido polo concello

Nota de prensa

MAÑÁ TERÁ  LUGAR EN LUGO O SORTEO DAS 30 VIVENDAS DE PROTECCIÓN OFICIAL QUE A XUNTA CONSTRUIU EN RIBADEO NUN SOLAR CEDIDO POLO CONCELLO.

Ribadeo, 2 de novembro de 2010. Mañá terá lugar en Lugo o sorteo das 30 vivendas de protección oficial que a Xunta construiu en Ribadeo nun solar cedido polo Concello. Despois abriráse un prazo de dez días para presentar reclamacións, segundo ven de anunciar o alcalde.

Fernando Suárez manifestou que “por fin despois de varios meses de estaren rematadas estas obras de construcción dun edificio de vivendas de protección oficial agora váise proceder ao seu sorteo. Despois de que as últimas foran adxudicadas hai prácticamente dez anos este Concello cedeu unha parcela de propiedade pública e municipal á Xunta e o goberno galego licitou e adxudicou a construcción dun inmoble moi importante para Ribadeo que conta con 30 vivendas”. O rexedor subliñou que “mañá precisamente vaise proceder ao seu sorteo ante notario en Lugo a partires das 8 da mañá na sede de Vivenda e a lista de adxudicatarios exporáse no tablón de anuncios do Concello e tamén en Vivenda. Si alguén de todas estas persoas que teñen a solicitude feita e a Xunta os admitiu como posibles adxudicatarios pode ir alí a presenciar o sorteo. Abrirase despois un prazo de dez días para presentar reclamacións e despois a Xunta ten un tempo para resolver”.

O alcalde ribadense amósase satisfeito xa que “por fin se inicia a fase final de adxudicación para que poidan estar habitadas estas vivendas no menor tempo posible e que cumpran unha demanda fundamental para a que foron creadas e para as que o Concello cedeu de bó grao este solar da súa propiedade”.

Exit mobile version