Site icon Crónica3.com A Mariña

O xulgado abre dilixencias previas conta o alcalde de Cervo por un presunto delito de prevaricación e coaccións, asegura o BNG

Nota de prensa

O XULGADO DE VIVEIRO ABRE DILIXENCIAS PREVIAS POR UN PRESUNTO DELITO DE PREVARICACIÓN E COACCIÓNS CONTRA O ALCALDE DE CERVO

Aceptou a trámite a denuncia presentada contra Villares por unha actuación nun camiño de Espiñeirido sen coñecer previamente si a súa titularidade era pública ou privada

O alcalde ordenou a redacción dun proxecto de saneamento no camiño e a súa execución e 10 meses despois iniciou un trámite investigador sobre a súa titularidade

Os nacionalistas acusan a Villares de persecución e acoso á familia de Espiñeirido a quen bloqueou a entrada á súa vivenda durante dous meses

Cervo, 18 de novembro de 2010.  O xulgado de Viveiro abriu dilixencias previas por un presunto delito de prevaricación e coaccións contra o alcalde de Cervo pola súa actuación nun camiño de Espiñeirido no que previamente a coñecer a súa titularidade e sen mediar negociación previa ordenou a redacción dun proxecto e a execución de obras sen permiso dos particulares que reclaman a súa titularidade. O BNG acusou a Villares de neglixencia e de perseguir ate o ensañamento á familia que reclama con documentación a titularidade do camiño a quen bloqueou durante dous meses o acceso rodado á súa vivenda.

O BNG acusou ao alcalde de actuar con prepotencia e chulería  perseguindo deliberandamente a uns veciños.

Os nacionalistas acusaron ao Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, de actuar deliberadamente contra a familia de Espiñeirido que presentou documentación acreditativa da propiedade dun camiño que o alcalde considera público e no que iniciou a execución de obras en febreiro de 2009 sen permiso dos seus propietarios  e sen acreditar a titularidade pública xa que 10 meses despois o propio alcalde promoveu un proceso investigador para dilucidar a súa titularidade. Os veciños que demandan a súa titularidade acreditaron mediante escrituras, pagos do catastro e incluso a inexistencia dese camiño nas Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Cervo.

Once meses despois do acordo para investigar a titularidade do comiño  so hai oscurantismo e entorpecemento do dereito á defensa da familia de espiñeirido

Para os nacionalistas o caso de Espiñeirido “puxo ao descoberto a prepotencia e chulería de Villares que chegou a cortar durante dous meses o acceso rodado á vivenda destes veciños sen ter en conta que nela viven persoas con dificultades de mobilidade” . O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, ademais explicou que dende o 2 de decembro de 2009 onde o pleno acordou a apertura dunha invesigación para dilucidar a titularidade do camiño, “o goberno local non deu ningunha explicación sobre o proceso”, ainda que si consta no rexistro de entrada municipal unha notificación da Secretaría Xeral de Patrimonio da Xunta de Galiza na que fai constar que tal camiño “non existe no inventario de bens e dereitos da Comunidade Autónoma”. “Estúa engadiu que o alcalde entorpeceu o dereito á defensa destes veciños” xa que personados no concello neste mes de xuño para saber do procedemento investigador, ao que teñen dereito, negouse a ofrecer ningunha información.

Con dous procedementos abertos o alcalde visitará os xulgados con asiduidade nos próximos meses

Os nacionalistas auguraron “a vista asidua de Villares aos xulgados nos próximos meses”, neste sentido lembrou que neste momento existen dous procedementos abertos nos que o alcalde está directamente implicado conxuntamente coa súa Xunta de Goberno, por unha banda a apertura deste procemento por presunta prevaricación e coaccións e outro aberto no mesmo xulgado por presunta destrución do patrimonio no Castro da Atalaia. “Para Estúa Villares non está sendo ningún exemplo para os seus veciños e veciñas e con este alcalde de sonrisas por diante e malas formas por atras non imos a ningures”.

Exit mobile version