Nota de prensa
O DELEGADO DE COMERCIO DE BURELA CONVOCA O SECTOR PARA PREPARAR A CAMPAÑA DO NADAL. A XUNTANZA TERÁ LUGAR O VINDEIRO MÉRCORES POLA NOITE NO CONCELLO.
Burela, 15 de novembro de 2010. O concelleiro de Comercio, José González Legazpi, convoca ao sector para preparar a campaña de nadal a unha xuntanza que se celebrará o vindeiro mércores ás 21 horas no salón de plenos do Concello.
O edil nacionalista sinala que “seguiremos no ámbito das directrices das pasadas edicións que tiveron unha importante relevancia e participación e dentro da mesma e única pretensión de favorecer as compras no comercio local e por tanto incentivar as posibilidades de venda dos sectores locais”.
A campaña de nadal de Burela “atópase proxectada, en principio, dentro dos criterios que posibiliten a incidencia do comercio local no ámbito da comarca e mesmo fora dela, de cara a incrementar condicións de fortaleza económica, así como ao logro da súa dinamización a través de condicións que valoricen accións expositivas propias e de asentamento, e que en pasadas edicións foron relevantes conforme aos criterios expansivos derivados do concurso fotográfico, e mesmo da participación propia da campaña, xunto co desdobramento do incentivo ás compras”, engade o González Legazpi.
O delegado de Comercio explica que “no senso de presentarlles como en pasadas edicións as accións que se propoñen, planificar conxuntamente esta campaña de nadal e ao mesmo tempo coñecer as pretensións e consideracións do comercio local sobre este e outros asuntos de interese para o desenvolvemento local, nestes días se están enviando por correo comunicacións aos comercios de Burela convocando ao sector a unha reunión que terá lugar o vindeiro mércores día 17 deste mes de novembro as 21:00 horas no salón de plenos do Concello. Agardamos por tanto contar con a maior presenza de comerciantes”.