Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reclamou á Xunta unha investigación da política de incentivos perversa” que adopta o Sergas no hospital da Costa

Nota de prensa

OS SOCIALISTAS RECLAMAN UNHA INVESTIGACIÓN POLA POLÍTICA DE INCENTIVOS PERVERSA POR PARTE DA XUNTA NO HOSPITAL DA COSTA

Modesto Pose sinala que o secretario xeral do PSdeG-PSOE “non ofendeu a ningún médico” senón que “denunciou unha política grotesca de pagar en función das decisións clínicas”

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 10. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, reclamou hoxe á Xunta que inicie unha investigación diante da “política de incentivos perversa” que adopta o Sergas no hospital da Costa. Sinalou que a denuncia feita polo secretario xeral do PSdeG-PSOE “non ofendeu a ningún médico” senón que denunciou unha política de incentivos “grotesca” por parte de Sanidade.

O parlamentario socialista esixiu á Xunta que explique “cómo pagan as peonadas, con qué criterios, con qué prezos e baixo qué supostos”. Explicou que “os médicos non poden percibir incentivos en función da decisión clínica que tomen”, senón que esta debe estar “separada das remuneracións e das percepcións que perciban por facer horas extraordinarias”.

Pose sinalou que a precipitación amosada polo PP para “dicir que isto débese ás consultas de alta resolución, sen tempo para abrir unha investigación, demostra case seguro que están mentindo”. Acusou aos “populares” de “buscar unha escapatoria porque os pacientes que están nas avultadas listas de espera neste Hospital non corresponden a consultas de alta resolución senón “a xente que leva tempo esperando para ir a unha consulta”.

Acusou á Xunta de “non ofrecer unha explicación coherente” diante dos datos ofrecidos esta mañá polo secretario xeral do PSdeG-PSOE na sesión de control ao presidente da Xunta “en base á información recibida dos médicos do Hospital da Costa”. Esixiu que “si esta situación é verdade deben tomar as decisións que teñan que tomar e cesar a alguén”.

Pose lamentou que o PP utilice aos médicos para “ampararse”, cando a realidade é que “o secretario xeral do PSdeG-PSOE nunca ofendeu a ningún médico” e lembrou que “tivemos que defender aos médicos cando a conselleira Farjas e o presidente Núñez Feijóo dicían que non traballaban polas mañás para percibir as peonadas polas tardes”.

Exit mobile version