Nota de prensa
OS SOCIALISTAS RECLAMAN MEDIDAS URXENTES PARA OS DAMNIFICADOS POLO TEMPORAL BECKY
– Solicitan a reposición das infraestructuras portuarias e o mobiliario urbano afectado pola acción do temporal, e unha disposición de axudas destinadas as persoas e empresas que perderon ou viron danadas as súas embarcacións, artes de pesca ou equipamentos en terra.
Pontevedra, 11 de novembro do 2010. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego esixiulle hoxe ao Presídete da Xunta axudas económicas por mor do temporal Becky. A deputada socialista fixo esta petición en Pontevedra donde participou un acto do PSdeG para tratar asuntos medioambientais
Reclama que a Xunta publique un decreto de medidas urxentes para os damnificados por este temporal, xunto cunha avaliación dos danos, especialmente para as zonas mais afectadas como son a provincia de A Coruña e a Mariña de Lugo. Carmen Gallego quere a Xunta de Galicia abra unha liña de axudas para os damnificados, tanto para os concellos como para os particulares. E insistiu “ Feijoo ten que dar a cara diante dos temporais, e tomar conciencia de que ten gobernar Galicia”. E proseguiu “teñen que ter a sensibilidade suficiente para visitar as zonas afectadas, e estar cos cidadáns, sen abandonalos”.
Ademais a portavoz de Pesca, Marisol Soneira, rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que reclama por un lado a reposición das infraestructuras portuarias e o mobiliario urbano afectado pola acción do temporal. Solicita tamén unha disposición de axudas destinadas as persoas e empresas que perderon ou viron danadas as súas embarcacións, artes de pesca ou equipamentos en terra.
Dende o PSdeG-PSOE piden a reposición das infraestructuras de comunicación ou de calquera outra natureza, que houberan sufrido danos pola acción do temporal. E accións destinadas á reposición ao seu estado natural dos espazos costeiros, praias, correntes de auga, coídos, etc
A maiores hai un apartado no que reclaman unha acción específica de recuperación do Museo de Man, en Camelle, en aras a preservar a maior e máis significativa testemuña do Land Art en Galicia.