Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE esixe que a Xunta que nas negociacións dos acordos con Sargadelos inclúa ao conxunto dos traballadores do ERE

Nota de prensa
REGO ESÍXELLE AO DIRECTOR XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS QUE NO DESENROLO DAS NEGOCIACIÓNS DOS ACORDOS CON SARGADELOS SE INCLÚA AO CONXUNTO DOS TRABALLADORES DO ERE

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego valorou moi positivamente o compromiso do Presidente da Xunta coa viabilidade e a defensa do presente e do futuro proxecto de Sargadelos

-Reclamou ao Goberno de Feijoo que non perda de vista a situación na que se encontra a viabilidade da mesma, co obxectivo de que siga sendo compatible coa viabilidade do proxecto industrial e cultural, e tamén de compromiso da nosa identidade como pobo

-Sinala que a maioría da xente que adquire productos de Sargadelos “faino pola súa calidade, deseño, e tamén por que adquire un cachiño da cultura de Galicia”

Santiago de Compostela , 26 de novembro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego, interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre as xestións que está a levar a cabo a Consellería de Traballo e Benestar para asegurar a continuidade de Sargadelos garantindo a totalidade dos postos de traballo da empresa. Alí esixiulle a Xunta que no desenrolo das negociacións dos acordos coa empresa se inclúa o conxunto dos traballadores do ERE.

Reclamou ao Goberno de Feijoo que non perda de vista a situación na que se encontra a viabilidade da mesma, co obxectivo de que siga sendo compatible coa viabilidade do proxecto industrial e cultural, e tamén de compromiso da nosa identidade como pobo. E sinala que a maioría da xente que adquire productos de Sargadelos “faino pola súa calidade, deseño, e tamén por que adquire un cachiño da cultura de Galicia”.

O deputado lembrou que o pasado día 4 de agosto, a empresa Sargadelos, radicada no Concello lucense de Cervo, presentou diante da Consellería de Traballo e Benestar, un expediente de regulación de emprego extintivo

Asevera si se cumpren estas pretensións, afectaría ao 30% do seu cadro de persoal, e sinala que “maioritariamente esta formada por mulleres que levan toda a súa vida laboral dedicada a esta empresa”, o que agrava o problema social que se produce na Mariña Luguesa. O deputado socialista afirma que Sargadelos no ano 2008 presentou beneficios, e asegura tamén que “tampouco teñen en conta o incremento de vendas que se ten producido no que vai de ano 2010 en máis dun 25%”. Puntualiza que estas cifras teñen que facer cambiar as previsións, e subliña que representa unha boa perspectiva de cara ao futuro da empresa retornando ao volume de negocio anterior á crise e volvendo á normalidade das vendas.

Explica que a empresa Sargadelos “é a unha empresa singular, que aparte da compoñente industrial, ten unha vertente de identidade cultural da Mariña onde se radica, pero tamén da provincia de Lugo e do conxunto de Galicia no resto de España e mesmo no estranxeiro”.

Para os Socialistas, Sargadelos foi e é un exemplo de saber combinar a actividade industrial artesanal e productiva, coa identidade cultural, cos valores sociais e artísticos, creando unha marca de prestixio coa calidade e a orixinalidade como referente, con deseños baseados en motivos relacionados coa tradición e coa cultura de Galicia.

Exit mobile version