Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo expón ao públicoa o proxecto de recuperación da ruta do tren mineiro a Vilaodriz

Nota de prensa:
O PROXECTO DE RECUPERACIÓN DA ANTIGA RUTA DO TREN MINEIRO ENTRE RIBADEO E VILAODRIZ ESTÁ A EXPOSICIÓN PÚBLICA. SUÁREZ BARCIA DESTACA A IMPORTANCIA QUE TERÁ PARA O TURISMO ESTA OBRA.

Ribadeo, 8 de novembro de 2010. Durante 20 días está a exposición pública o proxecto de recuperación da antiga ruta do tren mineiro entre Ribadeo e Vilaodriz, segundo ven de anunciar o alcalde. Fernando Suárez destaca a importancia que terá para o turismo e felicita ás administracións implicadas.

Suárez Barcia dixo hoxe que “despois de tres anos de traballo e de múltiples reunións co delegado de Costas aquí en Ribadeo e despois de termos logrado a implicación dos concellos de Trabada, de San Tirso de Abres e de A Pontenova vemos como está en exposición pública durante 20 días este proxecto tan ambicioso, de cinco millóns e medio de euros e que pretende poñer en valor esta ruta de 30 kilómetros entre Ribadeo e A Pontenova”.

O rexedor explicou que “este proxecto contempla elementos singulares do tren mineiro como a recuperación da ponte do Rego da Viña ou da estación de Porto. É unha satisfacción ver que cando as administracións traballan coordinadas os resultados chegan. Isto contribuirá a recuperar paraxes descoñecidas para moita xente e desde logo e sobre todo dará unha posibilidade moi importante ao sector turístico. Unha vez licitadas e realizadas as obras complementarán ás que se están a facer na Vilavella, a recuperación da nave da fábrica de algas, a creación dun paseo, a recuperación dun muiño de mareas, e que ademáis se dea continuidade a esta ruta hacia outra que te leve directamente á Pontenova sen pasar pola estrada e que se poida ir a pé ou en bicicleta por sitios maravillosos vendo as paisaxes da ría da Ribadeo ou do río Eo é algo maravilloso. Felicito ao ministerio, isto é o froito de moitas reunións e de moito traballo entre os diversos concellos”.

Exit mobile version