Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente da Xunta eloxiou no Parlamento a profesionalidade e o rigor dos médicos

Nota de prensa

O titular do Goberno galego destacou, hoxe, no Parlamento, que Galicia é a comunidade española con maior transparencia nos servizos públicos.

Feijóo eloxia a profesionalidade e o rigor dos médicos e lamenta “profundamente” os insultos do PSdeG a este colectivo

*
Subliña que, en Galicia, se espera a metade do que se esperaba antes nas patoloxías urxentes “e se interveñen nos quirófanos da sanidade pública 11.000 intervencións máis en horario de mañá que cando gobernaba o bipartito”
*
Logo de incrementar fai un ano en dous puntos o destino dos presupostos aos servizos públicos di que “agora, volvemos a facer outro esforzo, pasando do 70% ao 75%; de cada 4 euros, 3 se destinan aos servizos públicos”
*
Garante que o Goberno galego seguirá a traballar para que esta lexislatura “sexa a lexislatura da Sanidade pública, a lexislatura de 3 novos hospitais públicos e a lexislatura de máis de 20 centros de saúde novos públicos”

Santiago, 24 novembro 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, eloxiou esta mañá, no Parlamento, a profesionalidade e o rigor dos médicos e lamentou “profundamente” os insultos do voceiro do PSdeG a este colectivo. “En política non vale todo –dixo Feijóo, en alusión ao voceiro socialista-. No peor momento económico de España, vostede insulta a todo mundo e, agora, lle toca aos 10.000 médicos do Servizo galego de Saúde. Pido desculpas a todos os excelentes médicos da Sanidade pública; defendo o rigor dos médicos en Galicia e lamento que non lle chegue con insultar ao presidente da Xunta”.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego subliñou que, en Galicia, se espera a metade do que se esperaba antes nas patoloxías urxentes “e se interveñen nos quirófanos da sanidade pública –engadiu- 11.000 intervencións máis en horario de mañá que cando gobernaba o bipartito”.

Se fai un ano a Xunta incrementaba en dous puntos o destino dos presupostos aos servizos públicos, pasando do 68% ao 70%, Feijóo recoñeceu que, “agora, volvemos a facer outro esforzo, pasando do 70% ao 75%; de cada 4 euros, 3 se destinan aos servizos públicos”.

Diante destes datos, o titular autonómico afirmou que o Goberno galego seguirá a traballar para que esta lexislatura “sexa a lexislatura da Sanidade pública, a lexislatura de 3 novos hospitais públicos e a lexislatura de máis de 20 centros de saúde novos públicos”.

Galicia, a comunidade con maior transparencia
Feijóo referiuse, tamén, aos índices de transparencia no funcionamento das administracións públicas, segundo os cales Galicia é a comunidade española con maior transparencia nos servizos públicos.

Neste sentido, o presidente da Xunta congratulouse por este feito e expresou o seu desexo de que as cidades galegas que están nos postos número 80, Ourense; número 78, Pontevedra; número 61, Ferrol; número 38, A Coruña; e número 35, Vigo, “vaian mellorando paulatinamente”.

Por último, Feijóo destacou que hai dous tipos de administracións públicas: “as que pagan e as que non pagan”. E asegurou que, “mentres estea este Goberno, Galicia pagará”

Exit mobile version