Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP tratou co responsable de Portos de Galicia sobre a reparación dos estragos provocados polo temporal Becky na Mariña

Nota de prensa

Neste momento están en marcha todas as obras de reparación nos outros portos afectados na Mariña lucense como son os de Ribadeo, Rinlo, Foz, Burela, Morás, Celeiro e O Vicedo

BALSEIRO INTERÉSASE DIANTE DO PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA POLAS TAREFAS DE REPARACIÓN DOS ESTRAGOS PROVOCADOS POLO TEMPORAL BECKY NO PORTO DE SAN CIPRIÁN

* O ente público dependente da Consellería do Mar achegará un total de 572.182 euros para diversas
* Mobilizarán 250.000 toneladas de escollera en pezas de roca de tamaño grande de máis de 10 toneladas cada unha

Santiago, 20 de novembro de 2010.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose  Manuel Balseiro Orol, reuniuse no día de hoxe co Presidente de Portos de Galicia, Jose Manuel Álvarez Campana na que se  interesou polas tarefas de reparación que este organismo ten previsto acometer para reparar os estragos provocados polo temporal Becky no Porto de San Ciprián, así como noutros espazos da Mariña lucense.

As instalacións portuarias de San Ciprián foron unha das que maiores danos sufriron tras o paso do temporal e tamén “nas que as tarefas para a reposición do espigón teñen unha maior complexidade técnica que obrigou aos operarios de Portos de Galicia a efectuar diversas cálculos e xeometrías para coñecer o número de pedras a achegar”. Preveuse a mobilización de 250.000 toneladas de pedra de gran tamaño cada unha das cales superará as 10 toneladas individualmente.

Portos de Galicia destinará 572.182 euros a diversas accións correctoras, obras novas e melloras nestas instalacións portuarias. As tarefas comezaron coa limpeza do  peirao e a retirada e tratamento dos refugallos. Dentro deste investimento 28.320 euros irán destinados á reposición do pavimento deteriorado, 8.260 á reparación dos servizos de alumeado público e abastecemento, … etc, 424.800 –a partida máis importante- irá destinada á reposición da escolleira situda tras o dique, 6.136 á amañar o balizamento da Anxuela, 28.320 á reposición do departamento de armadores, 8.496 á reposición dos balados e carpintería metálica, 42.480 a amañar os desperfectos nos departamentos de usuarios, 17.700 á reconstrución dos muros de mampostería e outras obras nas casetas dos armadores e finalmente 7.670 irán destinados ao tratamento dos refugallos nun vertedoiro controlado.

Balseiro indicou  tamén que se está a estudar paralelamente facer un recrecido do espaldón no  porto de San Ciprián para outorgar máis seguridade preventiva fronte a futuros episodios metereolóxicos adversos. Finalmente indicou que neste momento están en marcha todas as obras de reparación nos outros portos afectados na Mariña lucense como son os de Ribadeo, Rinlo, Foz, Burela, Morás, Celeiro e O Vicedo.

Exit mobile version