Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP sorprendido polas declaración do presidente do Sporting Pontenova

Nota de prensa:
O Partido Popular de A Pontenova sorprendido polas declaracións do Presidente do Sporting Pontenova.

O PP de A Pontenova non entende e por suposto non comparte as declaracións feitas polo Presidente do Sporting Pontenova sobre o estado do Campo da Mina por varias razóns:

1. En primeiro lugar as “denuncias” polo mal estado das instalacións da Mina chegaron do entorno do propio Sporting Pontenova, polo que resulta pouco coherente que o presidente saia a desmentir o que o seu propio entorno afirma.
2. En segundo lugar os membros do Partido Popular “temos ollos” e non fai falta máis que achegarse ao campo de futbol para comprobar o estado do campo, do césped e das instalacións, e sobre todo oir os comentarios de equipos visitantes, e daxente que ven de acompañantes con eles sobre o estado do noso campo e contándonos as instalacións que eles teñen nos seus respectivos concellos.

Finalmente, estas declaracións en opinión do PP de A Pontenova non fan máis que demostrar o baixo perfil político do goberno municipal de A Pontenova que ten que “utilizar” aos presidentes das asociacións, que en principio deberían ser políticamente neutrais para defenderse a él mesmo. Agora ben, neste caso, e só “por casualidade” o presidente do Sporting Pontenova exerceu como Interventor do Partido Socialista en mesas electorais de A Pontenova.

Decirlle ao goberno municipal que non hai mellor defensa que os feitos e eso é o que ten que facer o goberno municipal de A Pontenova, feitos e non palabras.

Exit mobile version