Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP reuniuse con veciños da Vila do Medio e de Portelo

NOTA DE PRENSA

O PP constata o cabreo dos veciños co alcalde polo estado da auga.

Recolle queixas sobre o estado dos camiños e das rúas.

Os populares reuníronse con veciños da Vila do Medio e de Portelo.

O PP valorou positivamente as reunións que mantivo con veciñas e veciños o martes na Vila do Medio e onte mércores na zona de Portelo. Os populares expuñeron a súa liña de traballo a nivel municipal e recolleron suxerencias e mesmo queixas dos veciños.

Unha destas queixas tén que ver co estado dos camiños da zona rural burelesa, a raiz das inundacións. Os populares reiteraron, en coincidencia cos veciños, a ineficacia da Deputación á hora de arranxar a rede de camiños rurais. Pero tamén adiantaron que a Xunta contratará en breve unha serie de actuacións nos mesmos, para mellorar o seu estado.

Ademáis, a auga segue sendo motivo de preocupación dos cidadáns, xa que desde hai practicamente un mes está saindo totalmente turbia. Os populares entenden que a orixe desta turbidez non está nos lodos do encoro de Rúa, como di o alcalde, porque non tén chovido tanto para removelos, senón nos mecanismos que se empregan para a súa potabilización. Consideran inaudito que o alcalde se limite a cargar as culpas sobre o encoro, en vez de decirlle claramente á cidadanía cando e como se conta rematar con esta situación, porque todo apunta a que se seguirá así hasta a entrada en funcionamento da planta da Senra. O certo é que os veciños están cabreados co alcalde polo estado da auga, e porque non dá a cara nin explicacións coherentes.

Igualmente, os populares verificaron o malestar veciñal co estado das rúas burelesas, dado que o seu firme é unha suma de badéns que non tén nada que ver co estado das mesmas hai tres ou catro anos. Tamén puideron constatar a ineficacia do bipartito á hora de resolver os problemas do día a día: moito decir que sí, moito dar a man e pasala polo hombreiro, pero total incapacidade para aportar solucións.

Na reunión da zona de Portelo saleu a relucir o malestar de veciños das Casas Baratas co bipartito burelés, pola súa negativa a apoiar a área de rehabilitación integral do barrio que tiña proposto o GMPP.

Os populares trasladarán todas estas cuestións en forma de iniciativas ó bipartito para tentar de darlles solucións, e lembraron que están presentando unha media de tres mocións e cinco ou seis preguntas en cada sesión plenaria sobre asuntos que lles afectan a todos os cidadáns; sesións plenarias que segundo os populares están vacías de contido porque o bipartito só leva asuntos de trámite e carece de proxecto para Burela: “o contido dos plenos vén dado polo traballo do PP e pola incapacidade do bipartito”, engadiron.

Para a semana próxima, o PP reunirase con veciños da zona de O Río e Burela de Cabo, e da zona de Os Castros.

Exit mobile version