Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP reuniuse co xerente do Hospital da Costa para interesarse polo malestar e coñecer o sistema de incentivos

Nota de prensa

O deputado popular mantivo unha reunión co xerente do Hospital da Costa para interesarse polo malestar causado tras as declaracións efectuadas no día de onte polo  secretario xeral do PSdeG, así como tamén para coñecer o  sistema de incentivos

BALSEIRO DEFENDE A PROFESIONALIDADE DOS MÉDICOS  DO  HOSPITAL DA COSTA AOS QUE LÍDER SOCIALISTA TRATOU COMO CORRUPTOS  E  LAMENTA QUE  O PSOE  EMPREGUE  A a SANIDADE COMO ARMA DE CONFRONTACIÓN POLÍTICA

* Desde o día seguinte a perder  as eleccións, as antigas  forzas do bipartito decidiron facer un uso político e partidista do Hospital e non dubidan empregar para elo manipulacións, datos incertos e mentiras.

Santiago, 25 de novembro de 2010.- O parlamentario do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro Orol defendeu a profesionalidade e honorabilidade dos médicos do Hospital da Costa tras as gravísimas acusacións do líder dos socialista galegos, Manuel Vázquez, nas que deu a entender que os facultativos deste centro hospitalario dan altas en base a criterios económicos e non médicos. Segundo o  deputado popular coas súas insinuacións os socialistas están pouco menos que chamando corruptos e peseteros aos médicos do hospital de Burela, algo impropio dun dirixente político e, máis aínda, dun compañeiro de profesión, xa  que o secretario xeral  socialista é tamén médico.

Balseiro alertou que con estas e outras declaracións resulta evidente a estratexia  seguida polo PSOE que pretende converter a sanidade nun arma de confrontación política e partidista. Neste senso sinala que desde o día seguinte á derrota  electoral do bipartito nas eleccións  autonómicas, PSOE e BNG decidiron  facer un uso político do Hospital da Costa e non dubidaron  empregar para elo manipulacións, datos incertos ou evidentes mentiras. “Falan de redución de servizos, e lonxe disto, se están a incrementar. Falan de redución de orzamentos, e pola contra as obras están en  marcha e se está a dotar ao Hospital da Costa de  novas  tecnoloxías máis modernas, como os novos ecógrafos. Falan de perda da capacidade de decisión cando o xerente do hospital  terá agora  competencias sobre  o centros de saúde,  algo que non acontecía no  pasado. E critican o noso hospital os mesmos que ocultaban nos caixóns as solicitudes de citas, para maquillar as listas de espera ou que pretendían xestionar  a sanidade da nosa comarca desde Ferrol” –explica Balseiro- “Agora ben, o acontecido onte supera todas as liñas vermellas, pois dun xeito directo insulta  aos médicos e os acusa de faltar ao seu deber profesional, garantir unha atención e diagnóstico axeitado dos seus doentes.

O parlamentario mariñán insiste en que espera unha rectificación do PSOE, en  sede parlamentaria, porque nunca antes un político puxo en cuestión o sistema sanitario xunto ao traballo dos  seus profesionais.

O  PSOE PRETENDE XERAR ALARMA SOCIAL

O deputado popular está convencido de que o  único que pretende facer o PSOE con  este tipo de declaracións tan desafortunadas é xerar alarma social entre a poboación da Mariña agora que están próximas as eleccións municipais, nas que se prevé un duro correctivo ao PSOE. Sinala tamén que segundo as enquisas que se  efectúan o 80% dos doentes do Hospital da Costa afirman estar satisfeitos co  trato recibido polos profesionais sanitarios e polo tanto,  non é comprensible que se poña en dúbida a honestidade profesional dos mesmos. Ínsua tamén lle confirmou  que  neste momento  tan só o dous por cento dos doentes son trasladados para  efectuar probas a outros hospitais.

CONTACTOS CO DIRECTOR XERENTE

Jose Manuel Balseiro indicou tamén que tras coñecerse as acusacións  dos socialistas  mantivo un contacto co  xerente do Hospital da Costa, Jose Ínsua, para trasladarlle a solidariedade do Grupo Popular ante as gravísimas acusacións realizadas por Manuel Vázquez. Nela o director do hospital deu conta do profundo malestar que estas palabras teñen causado nos profesionais e, de xeito  especial, no colectivo médico.

EN BURELA NON SE FAI NADA DIFERENTE DO RESTO DO SERGAS

Balseiro tamén interesouse polo sistema de incentivos. O director xerente tamén lle confirmou ao deputado que “no Hospital da Costa non se  fai nada distinto, nada diferente, do que se realiza na rede xeral de hospitais do SERGAS” e de feito “se  están a seguir as instrucións sobre planificación de autoconcertación  propias dos programas asistenciais do Servizo Galego de Saúde”.

Exit mobile version