Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP láiase das actuacións en estradas da Deputación por consideralas discriminatorias

Nota de prensa:
O GPPP asegura que a Deputación prima ós concellos socialistas nas actuacións en estradas

• Unha ducia de concellos con alcalde do PSOE acaparan o 63 por cento dos quilómetros de vías provincias nas que está proxectado facer arranxos a cargo das melloras resultantes da adxudicación do plan de mantemento e conservación da rede provincial

Lugo, a 27 de novembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular denunciou hoxe que, en función do anuncio realizado hai unhas semanas polo deputado responsable de Vías e Obras, a Deputación prima ós concellos con alcalde socialista nas actuacións que ten previsto levar a cabo na rede viaria provincial.

Así, segundo salientan os populares, dos 172,229 quilómetros de estradas que se van arranxar coas melloras da adxudicación do plan de mantemento e conservación da rede viaria provincial, doce concellos con alcaldes socialistas van acaparar 108,360 quilómetros, o que significa o 62’92 por cento do total das actuacións. Explicitan asimesmo que as intervencións previstas en cada un desta ducia de municipios superan os cinco quilómetros.

Para os populares, os datos aportados polo propio Manuel Martínez poñen de manifesto ata que punto a Deputación que copresiden José Ramón Gómez Besteiro e Antón Bao é sectaria e se rixe por criterios electorais e partidistas.

Una afirmación que refrendan co feito de que en 21 concellos do PP non se fará ningunha actuación con cargo ó plan de conservación da rede viaria. Un grupo ó que hai que sumar tamén os de Rábade, O Courel e Begonte.

Matizan asimesmo que só hai dous concellos gobernados polo PP e outros tantos polo BNG nos que se realizarán melloras en máis de cinco quilómetros de estradas. Eso sí, os dous con rexidor nacionalista lévanse 19 quilómetros, o 11 por cento do total da actuación prevista con cargo a este programa.

Exit mobile version