Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP en Burela pídelle ao PP galego que lle pida a Xunta que a Escola Náutico Pesqueira teña dotación presupostaria

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA DO PP DE BURELA

González Barcia pediralle ó seu grupo parlamentario que a Escola Náutico Pesqueira teña dotación nos presupostos da Xunta de 2011.

Lembra que o proxecto parouse cos gobernos bipartitos da Xunta e do concello.

O portavoz popular confían en que a súa petición sexa tida en  conta.

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) burelés, José  María González Barcia, manifestou hoxe a súa intención  e de dirixirse ó seu grupo político no Parlamento Galego para que este presente unha enmenda ós presupostos da Xunta para o vindeiro 2011 que contemple a consignación dunha partida económica para levar a cabo os correspondentes estudios e traballos previos para ubicar en Burela unha Escola Náutico-Pesqueira. O popular confía en que a súa petición sexa atendida, ainda a pesares da actual situación de crise económica que está a propiciar recortes nos investimentos públicos.

González Barcia manifestou que a idea de construir unha Escola Náutico-Pesqueira, que contemple tamén estudios vencellados coa acuicultura, naceu en 2004, coincidindo o PP no Goberno da Xunta e no goberno municipal de Burela. De feito, fora convocado e resolto un concurso de ideas para o deseño do edificio, que se construiría no recinto portuario. A chegada da Xunta bipartita frenou absolutamente o proxecto, dado que nin PSOE nin BNG quixeron nunca oir falar da construcción deste centro educativo.

Barcia lembrou que tén presentado no concello unha moción nese sentido catro anos seguidos, e que a resposta do PSOE e do BNG, tanto estando na oposición en Burela coma gobernando, foi sempre a mesma: non á construcción dunha escola destas características en Burela, o que demostra hasta onde chega realmente o compromiso desta xente co mundo do mar, motor básico da economìa burelesa. Un bon exemplo do anterior, asegurou Barcia, é que a concellería do Mar solo é un mero escaparate propagandístico para a persoa que a dirixe e para o propio alcalde, adicados a editar libriños pero que non se preocupan para nada do sector, nula preocupación reflexada no abandono absoluto no que teñen sumida á Fundación EXPOMAR: o concello leva tres anos sen facer as aportacións correspondentes á Fundación.

Finalmente, González Barcia destacou que a postura do PP á hora de solicitarlle á  Xunta investimentos é radicalmente distinta á postura que adoptan o alcalde e o BNG: nós, desde o PP, pedimos investimentos, sexa do color que sexa a administración que tén que investir. Pero o PSOE e o BNG non queren saber nada de pedirlle investimentos nin ó Goberno de Zapatero nin á Deputación, hasta ahí chega a súa cobardía política e o seu nulo compromiso con Burela.

Exit mobile version