O PP advirte do retraso da obra de rexeneración da estrada Ver-Vilaxoane
* Afirman que esta obra xa tiña que estar feita hai tres anos
* Piden que se acondicione os accesos ás fincas particulares colindantes
Foz, 1 de novembro de 2010.- O PP advertiu hoxe de que as obras de rexeneración da estrada provincial 2001 Ver-Vilaxoane levan un considerable retraso, xa que ademais de indicar que tiñan que estar rematadas hai xa tres anos, suliñan que córrese o risco de perder a aportación dos fondos do Estado que se destinan a financiar esta obra.
Esta obra xa se atopaba en tramitación, tanto no que se refire ó procemento expropiatorio coma no que se refire á súa licitación e adxudicación no primeiro semestre de 2007, co anterior equipo de goberno da Deputación, tal e como se pode comprobar en varias actas da xunta de goberno provincial.
O voceiro adxunto dos populares na Deputación, José María González Barcia, que comprobou o considerable retraso das obras acompañado de concelleiros do PP de Foz Pedro Fernández Manín e José Luis Sánchez, lembrou que “esta obra foi solicitada no seu día polos veciños, demandada polo PP de Foz ó anterior goberno da Deputación, que foi quen comprometeu o gasto e licitou a obra”. Deste xeito, asegurou Barcia, “Gómez Besteiro non lles está facendo ningún favor ós veciños de San Martiño, xa que o único que está a facer é executar unha obra que xa tiña que ter feita”.
O voceiro popular tamén indicou que “resulta soprendente que neste caso a Deputación non siga o procedemento de expropiación que está a seguir habitualmente, ou sexa, o ordinario. Neste caso, non é así. Están facendo o que se facía na etapa anterior, e que eles tanto criticaron, é decir, o sistema do mutuo acordo, ainda que, eso sí, ningún dos propietarios veu ainda un só euro”.
Pola súa banda, os concelleiros populares de Foz reclamaron que “as entradas existentes desde a estrada ás fincas particulares colindantes sexan acondicionadas, tal e como piden os propietarios das mesmas”. Engaden que “de non ser así, moitísimas fincas estarían prácticamente inutilizadas ó non poder acceder a elas”.