Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz di que descubriu que foi na época do anterior goberno galego cando se paralizou o saneamento de San Acisclo

Nota de prensa

O ALCALDE ENGANA AOS VECIÑOS DE SAN ACISCLO XA QUE FOI A XUNTA BIPARTITA QUEN BLOQUEOU O SANEAMENTO DESTA PARROQUIA

·        Os populares descubriron que Augas de Galicia supervisou en outubro do ano 2008 este proxecto de obra e desde esa data paralizou o expediente.

Foz, 15 novembro de 2010.- O grupo Municipal do  Partido Popular de Foz por medio do seu portavoz Pedro Fernández Manín, ven de saír ao poso das declaracións aparecidas nalgúns  medios de comunicación feitas polo alcalde de Foz José María García Rivera na xuntanza que mantivo con algúns veciños de San Acisclo aos que incitaba a manifestarse en contra da actual Xunta de Galicia por non ter feito a 2ª fase do saneamento desta parroquia, declaracións que foron ratificadas  pola  alcaldesa en funcións Rosa Alonso o día 13 do presente mes. Manín cree que o alcalde e o seu goberno pretenden enganar aos veciños de San Acisclo, xa que foi a Xunta bipartita e, polo tanto o Goberno autonómico de PSOE e BNG, o que bloqueou a segunda fase das obras de saneamento previstas para esta parroquia.

Fernández Manín explicou que o ente público Augas de Galicia supervisou en outubro do ano 2008 este proxecto de obra e desde esa data paralizou o expediente, sen executar nin impulsar ningún tipo de actuación sobre esta obra, polo que o Sr. Rivera minte cando di aos veciños que a obra fora aprobada e presupostada polo bipartito(PSOE-BNG) . “Desde outubro de 2008 polo tanto, podería ter comezada esta obra, cousa que non fixo o bipartito, é dicir, non había un compromiso para a súa execución.

Unha vez máis o rexedor municipal e o seu equipo quedan deslexitimados  pola pasividade e falta de interese que no seu momento caracterizaba á Xunta bipartita respecto dos proxectos que esta debera executar en Foz. E unha vez máis demóstrase que  como antes e agora, García Rivera é incapaz de acadar ningún compromiso diante doutras administracións. “O alcalde e seu equipo só saben vender fume, xogar ao enfrontamento institucional e, para ocultar os seus fracasos, prefire mentir aos veciños e poñelos detrais dunha pancarta antes que recoñecer os seus erros”.

O proxecto do saneamento de San Acisclo, segunda fase,  segundo o documento redactado pola empresa Eptísa en xuño de 2008, tiña un costo de 327.517 euros e contaba co visto e prace do Pleno municipal, que acordou solicitar esta obra, pero unha vez supervisado polos responsables de Augas de Galicia durante o Goberno autonómico do bipartito ( PSOE-BNG), a tramitación do expediente foi bloqueada, polo que agora ten que iniciarse desde cero de levarse adiante.

Pola contra, a diferenza do acontecido na pasada lexislatura, o Goberno Feijoó aposta polo desenvolvemento de obras hidráulicas en Foz. Este compromiso ten o seu reflexo nos orzamentos da Xunta para 2011 xa que contemplan un investimento expreso, superior aos 1,8 millóns de euros, para a reforma integral de rede de abastecemento de Foz, obra que quedara no queixón sen publicar, sen adxudicar e sen presupostar. Unha actuación, considerada prioritaria dentro das que ten que executar a actual administración autonómica, e que foi licitada o 24/02/2010 e adxudicada posteriormente o 19/05/2010 segundo reza nos correspondentes diarios oficiais.

Exit mobile version