Nota de Prensa
O PP continúa as reunións nos barrios bureleses.
O martes estarán na Vila do Medio e o mércores en Portelo e Circunvalación.
Os populares expoñen o seu traballo no concello, as súas propostas e recollen suxerencias.
O PP continuará nesta semana a súa rolda de reunións con veciñas e veciños dos barrios da vila burelesa, para coñecer de primeira man as solicitudes e inquedanzas dos cidadáns e explicar o traballo que o Grupo Municipal do PP (GMPP) está a desenvolver no concello, así como as propostas que están a presentar os concelleiros populares.
Os populares reuniranse mañán, martes, con veciños da Vila do Medio na taberna de Correa, e o mércores con veciños do entorno de Concepción Arenal, Circunvalación,Portelo, etc., na cafetería Arenal.
O PP burelés realiza estas reunións con certa periodicidade, así como outras con colectivos culturais, deportivos e sociais. Precisamente para a próxima semana os populares teñen previsto reunudar as reunións con estes colectivos, logo de terse reunido xa cos clubes deportivos, o Vencello e a S. C. Ledicia.