Nota de prensa
O PP continúa as súas reunións con veciños e veciñas.
O martes reuniranse con veciños do entorno da Rúa do Río e Pascual Veiga.
O mércores, a reunión será no barrio de Os Castros.
O Partido Popular (PP) burelés continúa nos próximos dias a súa serie de reunións con veciños e colectivos, de cara a explicar o traballo do partido e do grupo municipal, e a recoller suxerencias e iniciativas dos propios veciños e colectivos.
O PP, que vén presentando unha media de tres mocións cada sesión plenaria que se celebra no concello, así como unha media de cinco/seis preguntas sobre temas de interese veciñal e do día a día da vida municipal, quere así que o seu traballo chegue a todos os cidadáns do concello, e que tamén os propios cidadáns poidan expresar a súa opinión directamente ós concelleiros e membros do partido sobre cuestións da vida municipal.
Deste xeito, o martes día dezaséis reuniranse coas veciñas e veciños da zona da Igrexia, Rúa do Río, Pascual Veiga, etc., no restaurante Os Remos ás oito da tarde.
Igualmente, o mércores día dezasete celebrarán a reunión no churrasco Abrente, no barrio de Os Castros, tamén ás oito da tarde.
En próximos dias, continuarán tamén as reunións con colectivos e asociacións. As reunións celebradas hasta o momento son valoradas mui positivamente polos populares, que lembran que estas xuntanzas organízanse periódicamente.