Nota de Prensa
O PP afirma que documentación oficial do concello corrobora o despilfarro e o descontrol no gasto.
Afirman que se fan gastos sin existir cartos para os mesmos.
Os populares aseguran que “o alcalde é incapaz de pararlles ós pés ós concelleiros que o apoian”.
O bipartito burelés segue a realizar gastos sen ningún tipo de control político e bordeando a legalidade, o que leva ó despilfarro. Eso é o que se desprende da documentación que o PP recibiu correspondente ó pleno celebrado hai dez días, entre a que se inclúe un decreto de aprobación do pago dunha serie de facturas; nesa serie de facturas, aparecen comidas, aloxamentos, gastos de actuacións musicais dunha asociación de Burela, incluso gastos de vinoteca do alcalde, e mesmo a aportación do concello ó programa “Xantar na Casa” do último trimestre do ano 2009. O alcalde autorizou o pago da indicada relación de facturas o pasado día quince de outubro.
A documentación que se adxunta ó indicado decreto é elocuente e clarificadora, xa que na mesma pónse de manifesto que “moitas das facturas amparan gastos en bens correntes e servicios que se realizaron carecendo da existencia de crédito adecuado e suficiente”; na documentación consta expresamente “que (polo concello) se adquiren máis compromisos de gasto que os que podería asumir o concello co vixente orzamento”.
Como se sabe, nin o ano pasado nin no presente se conceden subvencións nominativas ás asociacións; pero ainda así e todo, faise constar que “moitos destes gastos encubren verdadeiras subvencións en especies, xa que se asumen gastos que non se someten á normativa de subvencións”.
A documentación de referencia recalca unha “necesidade dun maior control do gasto, dirixido a mellorar a situación económica e financieira do concello, na medida en que se están a realizar actividades e a prestar servicios que no momento de iniciarse carecen de consignación adecuada e suficiente, e nalgúns casos non se aproba ningún procedemento de contratación con carácter previo; non se deben adquirir compromisos de gastos sen ter consignación orzamentaria no momento da realización do servicio ou actividade”.
A xuicio do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP), a documentación entregada polo propio concello pón de manifesto o absoluto descontrol e despilfarro no que está sumido o bipartito, cun alcalde incapaz de pararlles ós pés ós concelleiros que o manteñen como alcalde; alcalde e concelleiros que gastan alegremente os cartos de todos os cidadáns unicamente con fins de carácter político e partidista, e sen mirar polo interés xeral dos cidadáns do concello.
Para os populares, esta documentación, unha máis que fai referencia a este tipo de situacións, vén a confirmar o que o GMPP vén decindo desde hai meses: o bipartito está instalado no despilfarro, no mercadeo de votos cos cartos de todos, mentres non son capaces de presentar proxectos. Como mostra, lembrar que en 2009 gastaron cen millóns das antigas pesetas en gastos diversos sen ningún tipo de control político.