Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela detecta carencias de medio ambiente no Campón

Nota de prensa:
O PP detecta carencias medioambientais na zona de O Campón.

Recollen queixas de veciños sobre abandono da área de autocarabanas.

Os populares presentarán iniciativas no concello para a resolución dos problemas plantexados.

A zona de O Campón precisa de maior atención por parte do concello. Esta é a conclusión que o Partido Popular (PP) de Burela sacou da reunión que o pasado venres, a última hora da tarde, mantivo con veciños da zona no Mesón O Poeta.

As queixas vencelladas con cuestións de tipo medioambiental foron as que máis abundaron. Así, se detectan moitísimos excrementos de cans tanto nas aceras coma nas zonas verdes, dado que a maioría dos propietarios dos cans saen á rúa sen a corresepondente bolsa, incluida unha concelleira do PSOE.

Outra das queixas tén que ver co escaso cuidado que recibe o parque do Campón, especialmente na zona de autocarabanas. Suciedade, residuos, etc., acumúlanse durante días e días sen que por parte do concello se tomen as medidas oportunas.

Ademais, os veciños destacaron que nunha finca do parque do Campón, na que se xenerou unha inmensa charca, se está depositando diverso material para o seu recheo, quen algúns casos debe ser retirado por xestores autorizados, como neumáticos. Os populares estudiarán a situación e adoptarán as medidas que se consideren oportunas.

Igualmente, os veciños incidiron na paupérrima imaxe que da a marquesina existente cerca do local de Xuntanza, sempre con carteis pegados, mesmo do propio concello, como tamén acontece nun edificio privado situado nas inmediacións.

Os populares comprometéronse a presentar iniciativas no concello para presionar ó alcalde e ó bipartito para que solucionen todos estes problemas. O PP entende que moitos deles poden e deben resolverse de inmediato, como o estado da sinalización informativa, por exemplo a existente á altura do número 169 de Arcadio Pardiñas. E se non se resolven estes problemas, é debido á deixadez e ausencia de traballo e de compromiso do alcalde e do bipartito.

Exit mobile version