Nota e prensa
O PP avoga pola tolerancia cero contra a violencia de xénero
Os presidentes provincial e local dos populares, José Manuel Barreiro e Jaime Castiñeira, entre outros representantes do partido que participaron no reparto, avogaron pola aplicación da tolerancia cero contra este tipo de compartamentos. Salientaron neste contexto que o obxectivo último non pode ser outro que eliminar do calendario este día adicado á loita contra a violencia de xénero porque eso significará que veradeiramente gañamos á batalla contra este tipo de actitudes que non poden ter cabida na nosa sociedade.
Neste contexto insistiron en que por moito que as institucións poñan en marcha mecanismos encamiñados a perseguir ós executores da violencia e a protexer ás víctimas, será imposible gañar con rotundidade e de xeito definitivo esta batalla se a concienciación e a implicación social non é absoluta. Avogaron, por tanto, pola tolerancia cero contra a violencia de xénero.