Nota de Prensa
O GPPP acusa a Besteiro de montar un centro de realización virtual na Fundación TIC para sacar a foto
* González Barcia asegura que “a día de hoxe” o equipamento audiovisual amosado o pasado día 11 aínda non está operativo e non o estará ata, como mínimo, dentro de un mes
Lugo, a 24 de novembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular acusou ó presidente da Deputación de enganar á cidadanía e ós membros do padroado da Fundación TIC ó amosar na reunión mantida o pasado día 11 deste mes un centro de realización que, quince días despois, aínda non dispón do pertinente cableado que faga posible o funcionamento dos dispositivos técnicos expostos daquela.
O voceiro adxunto dos populares na institución provincial José María González Barcia constatou esta mañá in situ que o centro de realización empregado durante a reunión do padroado como “esceario para que José Ramón Gómez Besteiro poidera facerse unha foto rodeado de tecnoloxía audiovisual punteira é virtual, por non dicir directamente que non existe”.
Barcia explicou que todo o aparataxe mostrado ós membros do padroado e ós medios de comunicación durante a reunión do padroado na que se abordou o Plan de actuación da Fundación TIC para o vindeiro ano foi “colocado única e exclusivamente para server de decorado para maior gloria e boato do presidente da Deputación”. “Nestes intres estase a proceder aínda a colocar o cableado preciso para conectar os equipos, uns traballos que posiblemente se prolonguen durante un mes, e só un ordenador está en disposición de poder ser usado”, especificiou.
Para o voceiro adxunto dos populares na Deputación ó proceder de Gómez Besteiro é “directamente impresentable e denota unha total falla de respeto ós membros do padroado e á cidadanía en xeral por ese intento mezquino de enganarnos a todos”. Máxime, segundo salienta González Barcia, porque os cartos empregados para a adquisición de todo ese equipamento procede dunha partida deixada para tal fin polo anterior equipo de goberno provincial.
“Este tipo de situacións e actitudes”, engade Barcia, “refrendan, e xa van moitas, as nosas críticas ó uso partidista que o socialista Gómez Besteiro está a facer da institución e o enorme despilfarro e desvío de fondos públicos que se están adicar única e exclusivamente o desenvolvemento dunha campaña de promoción e exaltación da súa propia imaxe”.
Barcia indicou que “a gravidade dos feitos” fai “obrigado e urxente” que o presidente da Deputación pida “perdón a todos os veciños desta provincia e que o faga, ademais, sin dilacións”. O voceiro adxunto dos populares instao tamén a “rectificar as súas maneiras”.