Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP arremete contra a vicepresidenta da Deputación que pediu un plan para frear o deterioro da sanidade na Mariña

Nota de prensa

Os erros da vicepresidenta provincial denotan confusión, falta de rigor e grande nerviosismo ante a inminencia da cita electoral e evidencian o seu baixo perfil político

LARA MÉNDEZ SEGUE A ESCOLA DO BIPARTITO: DAR CONFERENCIAS POLÍTICAS ONDE NON DEBE

* A deputada socialista confundiu a inauguración dun congreso médico cun acto de partido, pese a que esta cita científica non era o foro, nin o lugar, nin o momento axeitado para efectuar ese tipo de declaracións.

* El PP lémbralle á Méndez que durante catro anos de bipartito a Xunta non executou ningunha actuación no Hospital da Costa, solo traballaron sobre o papel, pero non con feitos, mentres que agora as obras no centro comezaron, e adquiríronse ferramentas tecnolóxicas como os novos ecógrafos para cardioloxía, xinecoloxía e radioloxía.

A Mariña, 13 de novembro de 2010.- O Partido Popular da Mariña vén de saír ao paso das declaracións efectuadas pola vicepresidenta segunda da Deputación provincial durante o acto inaugural do Congreso de Endocrinoloxía e Nutrición que tivo lugar no día de onte en Ribadeo. Os populares despois de ter constancia das palabras de Lara Méndez, segundo o publicado hoxe nos medios de comunicación, repróchanlle que estea a seguir a escola do malogrado bipartito autonómico: dando conferencias políticas alí onde non deben.

Para o Partido Popular da Mariña Lara Méndez confundiu a inauguración do congreso médico cun acto de partido, cun mitin, e significan que esta cita  científica nin era o foro, nin o lugar, nin o momento máis axeitado para realizar as devanditas declaracións. Os asistentes veñen alí a escoitar temas científicos e médicos –indican desde o PP- e non a escoitar as proclamas políticas da dirixente política de turno.

BAIXO PERFÍL POLÍTICO

Os populares están convencidos que os erros da vicepresidenta provincial denotan certa confusión, unha importante falta de rigor e o crecente e grande nerviosismo que está a afectar aos dirixentes da Deputación provincial ante a inminencia da cita electoral. Ademais o comportamento de Méndez vén a poñer en evidencia o seu baixo perfil político que lle leva a incorrer neste tipo de confusións entre a súa responsabilidade institucional e o partidismo político.

4 ANOS DE BIPARTITO, CERO INVESTIMENTO NO HOSPITAL

Desde o Partido Popular da Mariña non rexeitan tamén replicar as palabras da propia Lara Méndez a quen lle recordan que durante os catro anos de goberno do bipartito na Xunta nada se fixo polo hospital da Costa. De feito o bipartito non executou ningunha actuación de relevancia real, e salvo non papel, non puxo en marcha ningunha mellora para o centro hospitalario.

Pola contra tras o acceso ao Goberno do Partido Popular, as obras no Hospital da Costa comezaron, ademais de procederse á adquisición de novas ferramentas tecnolóxicas como os ecógrafos de cardioloxía, xinecoloxía e radioloxía, cos investimentos que este tipo de actuacións teñen aparellados. A estas actuacións cómpre engadir, as achegas incluídas nos orzamentos da Xunta para o ano próximo que só en obras e dotacións tecnolóxicas aproxímanse ao millón de euros.

Exit mobile version