Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP anuncia que o alcalde de O Vicedo “solicita a intervención do Xulgado e da Fiscalía contra a trama orquestrada” contra a súa imaxe

Nota de prensa

Jesús Novo solicita a intervención do Xulgado e da Fiscalía contra a “trama” orquestada para atentar contra a súa imaxe

O Vicedo, 12/11/10.- Jesús Novo levará ós xulgados ós xornalistas, á revista Interviú e tamén a Rita Angelina Signorotto pola montaxe de fotos, a falsedade nas afirmacións e os fins espurios que hai detrás da información publicada pola mencionada revista.

Novo considera que hai unha clara manipulación das fotografías e dos textos publicados coa clara intención de intimidalo para que modifique a súa actitude  procesal. Os seus avogados consideran que desta situación pode derivarse que Rita Angelina sexa considerada autora dun delito de obstrucción á xustiza, segundo o artigo 464 do Código  Penal, e asimesmo que haxa base legal para demandar á revista Interviú e o seu xornalista ó considerar que se vulnerou o seu honor e imaxe.

Jesús Novo reitera que nunca estivo imputado nin compareceu como testigo no  proceso aberto sobre a denominada Operación Carioca, polo que dirixirase ó  xulgado que instrúe este proceso para que informe ou testimonie sobre tales  extremos. Nega asimesmo a celebración de ningún tipo de festa no barco ó que tamén se alude na información.

Novo sospeita que destrás da publicación do aludido artigo, que non dubida en calificar de montaxe, pode haber outras persoas que están actuando na sombra con fins políticos. Por todo elo, entende que os Tribunais de Xustiza deben esclarecer con toda a uxencia posible esta situación e, en tal sentido, xa deu instruccións ós seus avogados para que leven a cabo as actuación que sexan pertinentes co fin de protexer e defender ós seus dereitos, a súa  imaxe e o seu honor.

Exit mobile version