Site icon Crónica3.com A Mariña

O POSE de Cervo reclama urxencia na reparación do dique de San Cibrao en previsión doutros temporais

Nota de prensa:
O RETRASO NO COMEZO DA REPARACIÓN DO DIQUE DE SAN CIPRIÁN ANGUSTIA AOS VECIÑOS DA ZOA ANTE A CHEGADA DE NOVOS TEMPORALES
AS OBRAS XA DERON COMENZO NO DIQUE DE CARIÑO, QUE XUNTO CO DE SAN CIPRIÁN FORON OS MAIS AFECTADOS POLO BECKY

CERVO, 18 DE NOVEMBRO. O GMS quere denunciar o retraso no comenzo das obras de reparación do dique do porto de San Ciprián, despois de coñecer que as obras xa deron comezo en cariño, outro dos portos afectados polo Becky.

Álvarez-Campana recoñeceu na súa visita a san Ciprián a importancia de actuar con urxencia nestes dous portos, polo perigo que revisten algunha das estruturas e para evitar danos maiores no caso de que se volvan a repetir temporales deste tipo.

Os veciños do porto están preocupados

Os veciños das zoas mais próximas ao dique, que pasaron a madrugada do día 9 en vela e pendentes do forte oleaxe, temen que a historia se repita nos próximos días ante os temporales que son frecuentes nestas datas. Os residentes sínten a incertidumbre, que vai crecendo a medida que pasan os días e as obras non dan comenzo e por iso piden celeridade na reconstrucción.

Defensa para a xente do mar e para a poboación

Entendemos tamén, que a reconstrucción, a parte de ser urxente para a seguridade da poboación, é necesaria tamén para a recuperación da actividade normal do peirao. Algunha das persoas que conta con embarcacións no porto, dudan do estado dos fondos, posto que a cantidade de pedras que o temporal arrastrou poden estar depositadas na dársena de entrada e afectar ao calado, creando problemas para barcos de maior embergadura. Neste senso, Portos debe clarexar que tipo de actuacións, a parte da reconstrucción anunciada, vai realizar neste senso, para a tranquilidade das xentes do mar.

O alcalde non reclama a urxencia

Ao contrario do que pasó na xestión doutros temporais, cando gobernaba o bipartito, o alcalde de Cervo xa non defende públicamente a urxencia dos arranxos, demostrando que o unico que lle interesa ao rexidor popular e facer demagoxia cos temas doutras administración e esconder e calar os incumprimentos do goberno “amigo” na Xunta.

Exit mobile version