Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Perdourso de Burela participa nun programa europeo de oportunidades de emprego para a xuventude

Nota de prensa:
Participando en proxectos europeos.

o IES Perdouro participa nun programa pioneiro europeo de integración por intercambio e mobilidade que ten como finalidade o incremento das oportunidades de emprego para a xuventude.

O IES Perdouro colabora cun centro de formación e inserción laboral da localidade alemana de Augsburgo, o Berufsbildungszentrum (BBZ) Augsburg gGmbH. Este proxecto transnacional consiste na recepción dun grupo de 10 rapazas e rapaces por parte do IES Perdouro, que despois duns días de inmersión nas aulas e talleres do centro educativo, coordinou coa colaboración dos empresarios de Burela o reparto e realización dunhas prácticas en centros de traballo.

O IES Perdouro será durante unhas 4 semanas o centro receptor dun grupo de rapazas e rapaces alemáns que viñeron co próposito de mellorar ás súas oportunidades de emprego. Juan Sama, o Director do centro educativo, deulles a benvida o pasado luns recalcando as ventaxas e melloras de ten o feito de participar nestes intercambios para os rapaces e a importancia do espazo europeo.

Ademais, o grupo de rapazas e rapaces alemáns asi como os coordinadores do proxecto europeo, Karina Parga e Hubertus Freisinger, foron recibidos polo Alcalde, Alfredo Llano e a Tenente de Alcalde, Neves Cando nunha pequena recepción de benvida a Burela na que transmitiron todo o seu apoio para estas iniciativas de mobilidade e formaciñón laboraL. O Concello será o promotor de actividades e encontros xuvenis. Tamén puideron visitar a fábrica de Sargadelos asi como o Museo do Mar de San Cibrao.

Chámanse Gabi, Flo, Fabian, Carina, Florian, Jovance, Angela, Manuel, Kai e Benedikt. Son un grupo de rapaces alemáns que estiveron polas nosas clases e onde puideron observar como funciona o noso sistema educativo.

Xa chegou o grupo de rapazas e rapaces alemáns que estarán realizando prácticas en empresas de Burela. Chegaron este pasado sábado coa ilusión de aprender e abrir horizontes profesionais. Estiveron de visita polo centro este luns. O martes visitaron parte da Mariña e o mércores empezaron a súa formación nas empresas colaboradoras. Estarán ata do 18 de decembro.

Empresas colaboradoras: Cervexería Kiko, Cervexería O Trisquel, Concello de Burela, Fauna, Garsán, Gráficas Arfe, Hotel Palacio de Cristal, Hotel Sargo, Mesón do Poeta, O Rincón do Trasgo, Tecnav.

Exit mobile version