Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Illa de Sarón de Xove programou diversos acto o día internacional contra a violencia

Nota de prensa

No IES Illa de  Sarón celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero coas actividades que se detallan:

1. ESCOITA DO PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO SARÓN SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO: alumnos de 3º, 4º de ESO e Ciclo Formativo realizaron o primeiro programa de RADIO SARóN no que falaron da violencia de xénero tratando de desterrar mitos desta; contaron coa participación de Belén López, profesora do Centro, que leiu un dos seus poemas e con Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove, que explicou as actuacións e programas que dende o Concello tratan de afrontar dito tema. O programa incluiu a lectura de cartas relacionadas con este tema realizadas polo alumnado do centro.

2 . ACTO COA ASOCIACIÓN DE MULLERES BOLBORETAS E REPRESENTANTES DO CONCELLO DE XOVE NO VESTÍBULO ÁS 12:00. Lectura dun manifesto pola Asociación Bolboretas con entrega do díptico “Non te líes con rapaces malos”, intervención do alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e dos alumnos do Centro.

Exit mobile version