Nota de prensa
COMEZOU EN XOVE “PREESCOLAR NA CASA”
O pasado 28 de outubro deu comezo no noso Concello o Curso de “PREESCOLAR NA CASA”, concretamente na Biblioteca Municipal de Xove, nunha Aula que recentemente o Concello habilitou na área infantil da Biblioteca para este fin e a cal foi estrenada precisamente con esta primeira actividade do Curso.
A estas actividades poden acudir as familias cos seus fillos/as. Lóxicamente, estas reunións/clases están pensadas para nenos/as pequenos que inda non van á escola, dahí o de preescolar.