Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo organiza un curso de alfabetización dixital dirixido a mulleres

Nota de prensa

O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL DIRIXIDO A MULLERES QUE DARÁ COMEZO O VINDEIRO 19 DE NOVEMBRO.

Ribadeo, 13 de novembro de 2010. O Concello organiza un curso de alfabetización dixital dirixido a mulleres que dará comezo o vindeiro 19 de novembro. Terá 35 horas de duración e as prazas son limitadas.

Segundo explican desde a Concellaría da Muller, “o obxetivo deste curso é capacitar ás alumnas no manexo do ordenador e as súas ferramentas, así como  na rede de internet facilitando a comprensión do seu funcionamento e estructura.  Trátase tamén de promover a utlización das novas tecnoloxias da comuniación de cara a facilitar a súa inserción e profesionalización no mercado laboral”.

As prazas para participar serán 15. As mulleres que se poderán beneficiar deberán de estar desempregadas o 80%, permitindóse que o 20%  restante se atope nunha situación laboral activa por ter un contrato temporal ou un contrato a tempo parcial. O nivel académico esixido é graduado escolar ou equivalente. Terán preferencia para participar no curso (pola orde que se enumera):

1. Desempregadas en situacións de especiais dificultades.
2. Desempregadas soas con cargas familiares.
3. Desempregadas maiores de 45 anos.
4. Desempregadas de longa duración.
5. Mulleres que sufran situacións de violencia de xénero ou de exclusión social ou que teñan responsabilidades familiares non compartidas;
6. Mulleres  que desexen incorporarse á vida laboral despois dunha interrupción causada pola dificultade de compaxinar a vida laboral e familiar.

Os módulos formativos que se impartirán serán os seguintes:

* MÓDULO I: Introducción ao ordenador e periféricos : 10horas
* MÓDULO II: Introducción ao procesador de textos : 10 horas
* MÓDULO III: Iniciación á rede de Internet : 10 horas
* MÓDULO IV: Políticas de igualdade: 5 horas .

O período de inscrición  estará aberto ata o xoves 18 de novembro e o curso terá lugar  desde o 19 de novembro ao 10 de decembro en horario de mañá de 9 a 11 horas. Será impartido no telecentro de Ribadeo, sito na Casa da Xuventude.

As interesadas en participar poden inscribirse no no Centro de Información ás Mulleres ( 982 120 739 ) sito no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo. O curso está financiado pola Secretaria Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo. Ao final expedirase um diploma acreditativo.

Exit mobile version