Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo remitirá á Xunta o proxecto do Plan Xeral de Ordenación para a súa avaliación

Nota de prensa

O CONCELLO REMITIRÁ Á XUNTA O PROXECTO DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL PARA A SÚA AVALIACIÓN AMBIENTAL E ESTRATÉXICA

* Os redactores presentáronlles aos portavoces da corporación as liñas básicas deste proxecto urbanístico e fixeron entrega do documento de inicio que deberá ser tramitado diante da Consellería de Medio Ambiente

* O alcalde dixo que Cervo se atopa nunha fase de tramitación do Plan de Ordenación Municipal “idéntica” á da maioría dos concellos galegos “e tamén do resto de municipios da Mariña

Cervo, 11 de novembro de 2010.- Esta mañá tivo lugar no Concello de Cervo unha reunión do alcalde e dos portavoces dos tres grupos municipais cos técnicos do equipo redactor encargado da elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Segundo indicou o alcalde, Alfonso Villares, na xuntanza os técnicos fixeron entrega ao Concello do documento inicial de dito Plan para a avaliación ambiental e estratéxica que deberá facer a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. “O que teremos que facer agora -dixo o rexedor- será remitir este documento á Xunta para que a Consellería de Medio Ambiente faga os informes preceptivos e avalíe si o Plan se adapta á Lei do Solo recentemente aprobada pola Xunta e si tamén se axusta á normativa europea e estatal actualmente en vigor”.

Neste sentido Villares confiou en que os cambios na normativa urbanística realizados recentemente pola Administración autonómica permitan unha tramitación máis áxil do PXOM ”un documento moi importante para o desenvolvemento urbanístico do nosos concello” sinalou.

Nunha fase idéntica ao resto dos concellos

Alfonso Villares dixo que Cervo se atopa actualmente nunha fase de tramitación do seu Plan de Ordenación Municipal “idéntica” á da maioría dos concellos galegos “e tamén estamos nun nivel de tramitación idéntico á da maioría de concellos da comarca exceptuando a un que xa ten aprobado o seu Plan de xeito provisional” sinalou o rexedor, quen recalcou que a maioría de concellos mariñáns teñen que levar adiante esta avaliación ambiental dos seus respectivos planeamentos urbanísticos diante da Xunta de Galicia.

Procedemento

O procedemento de aprobación do PXOM debe facerse seguindo as fases que establece a Lei de Ordenación Urbanística e de Protección do Medio Rural de Galicia (LOUG), o que implica que a tramitación ambiental debe estar rematada antes da aprobación provisional do Plan. De non facerse deste xeito, no permitiría avaliar ambientalmente o Plan de Ordenación Municipal con todas as garantías, e conlevaría una gran inseguridade xurídica, ao non seguirse o procedemento de aprobación legalmente establecido. Por isto, moitos concellos galegos están adaptando paulatinamente os seus planeamentos en trámite á nova norma urbanística.

Exit mobile version