Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo convoca axudas de transporte para alumnos que estudan fora do municipio

Nota de prensa

O CONCELLO CONVOCA UN PRAZO EXTRAORDINARIO PARA SOLICITAR AXUDAS DE TRANSPORTE PARA OS ALUMNOS DE ENSINANZAS NON OBRIGATORIAS E SUPERIORES QUE CURSAN ESTUDOS FORA DO MUNICIPIO

* O Goberno local pretende así que se beneficien destas subvencióons o maior número de mozos e moza

* Esta nova liña de axudas púxose en marcha o pasado agosto e conta cun orzamento inicial de 6.000 euros

Cervo, 30 de novembro de 2010.- A concelleira de Educación, Yolanda Pedreira, ven de informar da convocatoria dun prazo extraordinario ata o vindeiro 4 de decembro para solicitar axudas de transporte escolar para alumnas/os do Concello de Cervo que cursen, fora do termo municipal e nalgún centro público estatal, algún dos estudios que non se imparten no Concello de Cervo:

* Educación secundaria postobrigatoria:
o Bacharelato (modalidade de artes)
o Formación profesional de grao medio
o Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio
o Ensinanzas deportivas de grao medio
* Educación superior:
o Ensinanza universitaria (diplomatura, licenciatura ou grao)
o Ensinanzas artlsticas superiores
o Formación profesional de grao superior
o Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior
o Ensinanzas deportivas de grao superior

Quedan excluídas desta convocatoria de axudas, as ensinanzas de réxime especial (ensinanzas de idiomas, artísticas ou deportivas).

REQUISITOS:

1. A unidade familiar deberá estar empadroada e ter residencia efectiva permanente no Concello de Cervo
2. Convivir, nesa unidade familiar, as/os alumnas/os para as/os que se solicita as axudas
3. Estar cursando ou ter fi lias/os cursando algún dos estudios indicados anteriormente nalgún centro educativo público estatal, no curso 2009-2010 e terse presentando alomenos ó 50% das materias correspondentes á matricula do citado curso
4. A renda per cápita familiar non superará o valor do 150% do IPREM para o ano 2009 (9.490,29 €/ano)
5. Non ser debedor/a da Facenda Municipal, Autonómica e/ou Estatal, así como da Seguridade Social
6. Non ter pendente de xustificación ningunha subvención concedida polo Concello de Cervo.

DOCUMENTACIÓN

* Fotocopia do DNI de tódolos membros da unidade familiar maiores de idade.
* Fotocopia do libro de familia.
* Certificación do Nivel de Renda en IRPF correspondente ó exercicio 2008 de tódolos membros computables da familia que obtiveran ingresos de calquera natureza.
* Certificación do centro educativo que acredite que ato alumna/o está matriculada/o e asiste ás clases no curso académico 2009-2010.
* Copia cotexada do boletín de cualificacións ou certificación expedida polo centro educativo de terse presentado alomenos ó 50% das materias correspondentes á matricula no curso 2009-2010.
* Nos casos de discapacidade ou dependencia dalgún dos membros da unidade familiar computables, certificado emitido polo organismo oficial correspondente.
* As familias interesadas en ser beneficiarias das axudas deberán dirixirse a cubrir a correspondente solicitude no Rexistro Xeral da Casa do Concello en Cervo, acompañadas da documentación requirida.

A concelleira cervense lembrou que esta liña de axudas foi posta en marcha a principios de agosto “e agora o que pretendemos é dar un prazo extraordinario para que se poidan beneficiar o maior número de mozos e mozas” indicou. Pedreira lembrou tamén que o Concello destinará inicialmente para estas subvencións 6.000 euros procedente do orzamento municipal e confiou na boa acollida entre a comunidade escolar “porque se trata dunhas axudas que buscan completar o xa de por si amplo abano que temos en materia de subvencións de carácter educativo”.  Incidiu en que Cervo destina anualmente máis de 61.000 euros en subvencións para a comunidade escolar e recalcou que o Concello é o municipio da Mariña que máis recursos económicos propios destina porcentualemente en axudas en materia educativa “e facémolo porque estamos convencidos de que a educación debe ser o motor principal do futuro do noso municipio” asegurou Yolanda Pedreira.

Exit mobile version