Nota de prensa
Actos co gallo do Día Universal do Neno
O CONCELLO CELEBRARÁ O DÍA 20 O DÍA UNIVERSAL DO NENO CUN PROGRAMA DE ACTIVIDADES ADICADAS AOS RAPACES DE 0 A 12 ANOS
*
A primeira fase das obras, consistente na adecuación do terreo, rematou esta semana
*
A adxudicación da segunda fase para crear este novo espazo público en San Ciprián saíu publicada onte no BOP cun orzamento de 846.548,25 euros
Cervo, 13 de novembro de 2010.- O Concello de Cervo, a través das concellerías de Asuntos Sociais, Educación e Xuventude, organiza o vindeiro 20 de novembro un programa de actos adicados aos máis cativos co gallo da celebración do Día Universal do Neno.
Os actos están dirixidos a nenas e nenos de ata 12 anos de idade e terán lugar na Casa do Mar de San Ciprián en horario de 18.00 a 20.00 horas. Entre as actividades programadas figura a celebración de diversos xogos de animación entre nenos e pais/nais, un obradoiro de globoflexia, inchables, a actuación do pallaso Colorín, unha festa que rematará co reparto de chocolate con churros para tódolos asistentes.
Para a inscribirse nesta actividade e para ampliar información os interesados deberán dirixírse á Casa da Cultura de San Ciprián (982.595.157) ou ao PAI (982.594.100)