O II Samaín “Concello de Cervo” celebrouse o luns na Casa do Mar de San Ciprián, organizado pola Oficina de Información Xuvenil municipal (OMIX). Realizaron obradoiros de disfraces de Samaín, de decoración de cabazas, de cociña de doces típicos do samaín. A xornada rematou coa celebración do “Baile dos esqueletes” onde todos os nenos e nenas tiveron a oportunidade de gozar da xornada festiva cos disfraces, adornos e doces elaborados por eles mesmos.