Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela organiza un curso de patrón de embarcacións de recreo

Nota de prensa:
O CONCELLO OFERTA UN CURSO DE PATRÓN DE EMBARCACIÓNS DE RECREO.

Burela, 9 de novembro de 2010. O Concello de Burela, a través da Delegación de Mar, oferta un curso de patrón de embarcacións de recreo que se desenvolverá durante o mes de novembro.

A concelleira de Mar sinala que “nunca dende o Concello se tomara esta iniciativa e dada a demanda de solicitudes que temos despois de ter organizado con moito éxito durante tres anos consecutivos, o do denominado titulín, imos dar a oportunidade de formarse nesta nova faceta xa para barcos un anaco mais grandes”.

A edil socialista lembra que este “curso é necesario para patronear embarcacións de recreo a motor de ata 12 metros de eslora. Para a navegación que se efectúe na znoa comprendida entre a costa e a primeira liña de 12 millas, así como a navegación interinsular nos arquipélagos balear e canario. Así tamén como motos de auga sen límite de potencia”.

Remedios López Villar engade que “o curso dará comezo unha vez que estea formalizada a reserva, será dous días a semana a partires das 8 da tarde, a acordar polos participantes e terá dúas horas de duración cada día durante dous meses. Poderán participar todos aqueles interesados maiores de 18 anos ou maiores de 16 anos con permiso paterno. A formación teórica será de 40 horas e a formación práctica homologada nun iate, no peirao de Burela se o tempo o permite de 16 horas e haberá ademais 2 horas de prácticas reglamentarias de radiocomunicación. O número de alumnos do curso está limitado e o custe será de 400 euros (con taxas de exame incluídas) para os que estean empadroados no concello de Burela, o resto dos alumnos interesados deberán abonar 748 euros que é o custe real deste curso de patrón de embarcacións de recreo”.

A concelleira de Mar subliña que “será imprescindible para tramitar o título presentar 4 fotocopias do DNI que se compulsarán no Concello, un certificado médico de non ter enfermidade que impida esta actividade e 4 fotos tamaño carné. Toda a documentación deberá presentarse no rexistro do Concello xunto coa documentación de ter pagado as taxas para poder inscribirse no curso”.
López Villar manifesta que “con estes cursos dende a Concellaría do Mar de Burela preténdese dar a oportunidade de formarse e inculcar coñecementos náuticos na poboación para comezar a navegar con seguridade respectando as sinais náuticas, xa que para Burela o mar é un grande referente que temos que coñecer disfrutar e respectar”.

Exit mobile version