Site icon Crónica3.com A Mariña

O comité do Hospital da Costa di que “si alguén ten constancia” de irregularidades que o denuncie

NOTA DE PRENSA

O Comité de Centro do Hospital da Costa de Burela quere aclarar que non fixo ningún tipo de declaracións respecto a polémica xurdida no día de onte no Parlamento de Galicia, referidas ó pago de pluses por altas medicas. Pedimos os medios que nos atribuíron as declaracións rectifiquen dita información.

Dende este Comité queremos manifestar a nosa defensa da profesionalidade de tódolos traballadores do noso Centro.

Polo interese da poboación en xeral e dos traballadores do Centro en particular solicitamos que si alguén ten constancia de algún tipo de irregularidades o denuncie nos organismos pertinentes.

Exit mobile version