NOTA DE PRENSA
O Comité de Centro do Hospital da Costa de Burela quere aclarar que non fixo ningún tipo de declaracións respecto a polémica xurdida no día de onte no Parlamento de Galicia, referidas ó pago de pluses por altas medicas. Pedimos os medios que nos atribuíron as declaracións rectifiquen dita información.
Dende este Comité queremos manifestar a nosa defensa da profesionalidade de tódolos traballadores do noso Centro.
Polo interese da poboación en xeral e dos traballadores do Centro en particular solicitamos que si alguén ten constancia de algún tipo de irregularidades o denuncie nos organismos pertinentes.