Site icon Crónica3.com A Mariña

O comercio de Burela iniciarán a campaña de Nadal a principio de decembro

Nota de prensa

OS COMERCIANTES DE BURELA PRETENDEN INICIAR A CAMPAÑA DE NADAL A PRINCIPIOS DO VINDEIRO MES DE DECEMBRO. ASÍ O ACORDARON NO ENCONTRO QUE MANTIVERON CON GONZÁLEZ LEGAZPI.

Burela, 19 de novembro de 2010. A Delegación de Comercio de Burela pretende iniciar a campaña de nadal dende primeiros do mes de decembro, tal e como se fixo na pasada edición. Así o acordaron na xuntanza que o mércores mantiveron os comerciantes e o concelleiro José González Legazpi.

O edil nacionalista explicou que “o encontro foi algo máis numeroso que noutras ocasións, se consideramos que coincidía con outro acto de carácter formativo vinculado tamén ao comercio local, xa que logo  participaron preto duns vintecatro representantes do comercio local que valoraron de xeito positivo as iniciativas municipais e precisaron a importancia de iniciar a campaña nos primeiros días de decembro”.

González Legazpi sinalou que “a campaña de nadal de Burela atópase proxectada, en principio, dentro dos criterios que posibiliten a incidencia do comercio local no ámbito da comarca e mesmo fora dela, de cara a incrementar condicións de fortaleza económica. Os comerciantes avogaron por que se mantivera o desdobramento dos premios que se fixera na pasada campaña para facer posible que sexan máis as persoas premiadas e por tanto se posibilite máis a eficacia da campaña”.

O concelleiro de Comercio agarda que “a concentración de esforzos que estamos a realizar dende esta Delegación do Concello permita proxectar unha campaña de nadal en Burela que represente relevancia e interese como nas pasadas edicións ou máis si cabe, no senso de posibilitar que o seu desenvolvemento represente un avance para o sectores do comercial local”.

Exit mobile version